FISTERRA E PAIOSACO CERTIFICAN UN SITIO NA PROMOCIÓN A FALLA DUNHA XORNADA PARA O FINAL DA LIGA REGULAR NA PREFERENTE NORTE GRUPO 1A.

O Fisterra asinou a promoción no seu feudo.

 

A vitoria do SD Fisterra sobre o Boimorto CF pola mínima, con tanto de Víctor aos 39 minutos de xogo, e o empate do UD Paiosaco, ante o SD Dubra, nun choque que empezaban marcando os dubreses por medio de Martín García aos 7 minutos de xogo, e que conseguían iggualar os peisaqueses no derradeiro suspiro do encontro, cun gol de Iván Torres, (88´), unidos a derrota do SD O Pino ante o Atlético Arteixo, (2-3), fai que fisterráns e peisaqueses asinen un posto na promoción de ascenso, xa que a diferenza co SD O Pino, que era o que lles disputaba un posto na promoción, quede en 5 puntos, con tan só 3 por disputar, no que será a derradeira xornada de liga a vindeira semana.

O Xallas FC daba a sorpresa e derrotaba ao segundo clasificado, Sigüeiro FC, (2-1). Comezaban marcando os visitantes por medio de Borja, (42´), e na segunda metade empataba Álex Blanco, ao transformar un penalti, (49´). O propio Álex facía o gol que a postre lles daría a vitoria, no 86.

Desatado o Laracha CF ante o colista Agrupación Estudiantil, o 7-3 que reflexou o marcador, foi un disfrute para a parroquia larachesa, tras unha tempada para esquecer. 

Despiden a liga regular os fisterráns visitando o Agrupación Estudiantil, e os de Peisaco, recibindo na casa o Puebla FC. Pola sua banda o lider e campión da liga, Atlético Arteixo recibe no Municipal de Arteixo ao SD Dubra, e o Xallas FC visita ao Boimorto FC, no que se refire aos equipos da nosa zona. O Laracha despide a liga visitando ao CD Boiro.

Resultados 

Puebla FC 2-2 CD Boiro

SD Dubra 1-1 UD Paiosaco

SD O Pino 2-3 Atlético Arteixo

Xallas FC 2-1 Sigüeiro FC

SD Fisterra 1-0 Boimorto CF

Laracha CF 7-3 Agrupación Estudiantil

-Foto : FaceBook SD Fisterra

-Texto : piratasdemuxia