FISTERRA E DUMBRÍA SEGUEN ADIANTE NA “XXXI COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA”

Foto : FaceBook SD Fisterra

 

A SD Fisterra tumbou a todo un CF Noia nestes dazaseisavos de final da “XXXI Copa Deputación de Fútbol” cun tanto de Herbert cando se estaba a chegar a hora de xogo. Pola sua banda o CD Dumbría da 1ª Galicia G2 deixou na cuneta ao Xallas FC da Preferente con dous tantos de penalti, un en cada tempo. O que non tiña nada que facer foi o SD Soneira que lidiaba no Municipal de Vimianzo co SD Compostela, que deixaba a eliminatoria resolta en torno a media hora de xogo. Seguen adiante polo tanto o SD Fisterra e o CF Dumbría, o que lles é beneficioso no económico e no deportivo cunha boa preparación de cara as suas ligas que comezan para os fisterráns o 26 de Agosoto e para os dumbrieses o 8 de Setembro.

 

DAZASEISAVOS DE FINAL

(Equipos da costa)

31 de Xullo 2019

 

CF Dumbría 2-0 Xallas FC

Goles : 1-0, Diego Cespón, (32´de penalti); 2-0, José Marcote, (61´de penalti).

 

SD Soneira 0-6 SD Compostela

Goles : 0-1, Miguel, (26´); 0-2, Rodrigo, (28´); 0-3, Brais, (31´); 0-3, Palmas, (36´); 0-5, Palmas, (55´); 0-6, Rodrigo, (62´).

 

SD Fisterra 1-0 CF Noia

Goles : 1-0, Herbert, (57´)

 

OITAVOS

SD Fisterra-CD Boiro, (2 de Agosto ás 20:30 horas no “Ara Solis)

CF Dumbría-SD Compostela, (04 de Agosto ás 19:00 no “Conco”)

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es