FISTERRA E DUMBRÍA BUSCARÁN A DIFÍCIL MISIÓN DE SEGUIR NA “COPA DEPUTACIÓN”

Foto : Twitter : CF Dumbría

 

Os fisterráns hoxe e os dumbrieses pasado mañán buscarán dar a sorpresa na “XXXI Copa Deputación da Coruña” de fútbol ante dous rivais de postín.

Os da “Vila do Cristo” reciben no día de hoxe a partires das 20:30 horas a un CD Boiro que fai dous telexornais xogaba na 2ª B e que é un dos fortes da 3ª División. O encontro estará arbitrado por Gonzalo Belmonte, auspiciado nas bandas por Eloy Galán e Carlos Señarís. Non hai nada dito dado que estamos en pretempada e o factor campo axudará o seu, cun “Ara Solis” que estará coma sempre a altura do evento.

Os dumbrieses reciben a todo un SD Compostela no Municipal do Conco o Domingo a partires das 19:00 horas. Un Compostela que fai uns anos deambulaba pola 1ª División, mágoa da caida que tivo tanto a nivel deportivo como a nivel de afección, pero que loita por ir escalando ligas para voltar o fútbol profesional. Como decíamos dos fisterráns, o factor campo pode axudarlle a un CF Dumbría que xogará sen complexos e buscando dar a sorpresa, como xa o fixo ante o Xallas FC, equipo de Preferente. O encontro estará arbitrado polo camellán, Albetrto Baña, axudado nas bandas por Juan Marcos Ríos e Óscar Santos.

 

OITAVOS

SD Fisterra-CD Boiro, (2 de Agosto ás 20:30 horas no “Ara Solis)

CF Dumbría-SD Compostela, (04 de Agosto ás 19:00 no “Conco”)

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies