FISOBER FSF 2-3 FC MEIGAS : “O EQUIPO COSTEIRO DEIXA ESCAPAR DUAS VENTAXAS NO MARCADOR PARA CEDER A PRIMEIRA DERROTA NA CASA”.

LIGA PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

FISOBER F.S.F. 2-3 F.C. MEIGAS

FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Uxía, Adriana, Saray; Tamén xogaron: Lucía Martínez, Nuriña, Carre, María Dumbría, Lucía Canosa.

MEIGAS: Uxía, Ángela, Navia, Martina, Teresa; Tamén xogaron: Alejandra, Maite, Laura, Blanca, María.

ÁRBITROS: Marcos Noya, Carlos González.

GOLES: 1-0 min 18 Adriana, 1-1 min 19 Blanca, ( descanso), 2-1 min 22 Adriana, 2-2 min 29 María, 2-3 min 30 Navia.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 5ª xornada de liga disputado no P.M de Cee.

O Fisober deixaba escapar os seus primeiros puntos coma local no partido disputado en Cee.

A primeira xogada do partido foi un lanzamento de Paula Fandiño dende lonxe a escadra e o rexeite non conseguía chegar Adriana.

As visitantes poñían a proba a Sharay despois dun roubo en media pista. Un pase de Paula Fandiño para Adriana que chega forzada era unha nova ocasión das costeiras.

Un remate de Uxía despois de saque de esquina pasease pola liña sen chegar a entrar. De novo Uxía tiña unha ocasión despois dun pase ao espazo. Unha combinación entre Carre e Paula Fandiño provocaba unha nova ocasión local.

O Meigas creaba perigo cun lanzamento de falta que desviaba Sharay co pé. Unha xogada de Saray, con posterior remate de Paula Fandiño que toca o pau. Despois era Adriana a que poñía a proba a porteira.

Despois dous lanzamentos lonxanos de Paula Fandiño poñían a proba a porteira visitante.

Pouco despois a xogada polémica cun posible penalti sobre María de Dumbría.

A piques de rematar esta primeira metade un envío de Paula Fandiño para Adriana que remata de primeiras inaguraba o electrónico local.

Despois do gol, primeiro Carre e despois Saray case amplían distanzas, pero quen si marcou foi o Meigas nunha das poucas que tivo para igualar o partido antes do tempo de lecer.

Na segunda metade o inicio non podía ser mellor para as costeiras xa que de novo Adriana de tiro cruzado as poñía en vantaxe.

Uxía roubaba e tiña unha boa ocasión que desbarataba a porteira. Unha Uxía que pouco despois tiña un problema de nocello.

Mediada esta segunda metade un dobre zarpazo do Meigas con dous goles en dous minutos de María e Navia que daban a volta o electrónico.

Despois de dominar todo o partido tocáballe remontar as costeiras. A primeira oportunidade era para Saray. Despois unha dobre ocasión para Saray e rexeite para Nuriña.

O Meigas tamén quería sentenciar o partido e Sharay desvíaba despois dun saque de esquina.

Chegaban as ocasións para o Fisober primeiro para Adriana e despois de novo Adriana enviaba o balón ao pau.

Antes do final aínda Paula Fandiño tiña unha ocasión despois dunha cesión. E a última do partido foi tamén para o Fisober cun balón de Carre ao pau nos últimos segundos. Pero como se demostrou o destino non quería que as costeiras puntuaran na tarde do sábado.

A vindeira semana toca visitar ao Viaxes Amarelle B.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad