Este vindeiro Domingo 8 de Xuño do 2025 xogarase en Xallas, (Cee), no “San Paio de Refoxos” a partires das 17:00 horas a finalísima da 5ª edición, (desde que a orgañiza a RFGF), da “Copa da Costa Feminina”, unha competición que creceu en importancia ca chegada de numerosos equipos costeiros.
CF Dumbría e CF Muxía chegaron a esta Gran Final tras eliminar as dumbriesas o Mazaricos, (1-3), en oitavos, As Miúdas, (0-6), en cuartos e Ponteceso, (2-7), nas semifinais, e as muxianas chegaron a finalísima tras deixar na cuneta ao Outes, (8-4), Corcubión, (5-2), e Cee, (2-2, na Arliña no tempo de xogo e 4-3 nos penaltis).
Esta final vai a ser moi especial primeiro para as xogadoras e logo para as afeccións de ambos clubes, e para os lugares de onde son as rapazas, pero para quen vai a ser tremendamente especial e para 5 das rapazas que se verán as caras no terreo de xogo, 4 delas son compañeiras no Fisober FSF, no que xogan xuntas cada semana e que as une nun sentimento, e ata nalgún caso adestran xuntas equipos de base, (como é o caso de Paula e Adri), e outra foi compañeira no Fisober e enfrontarase ao Muxía de onde é.
Paula Fandiño e Adri Castro, (CF Dumbría), xogan cada semana no Fisober FS con Patri Romaní e Barca Toba, (CF Muxía), e a merexena Eva Lema, (CF Dumbría), comezou a sua andaina no Fisober FS no que xogou con Barca e Patri 7 anos e nos comezos de Paula. Estas 5 rapazas son amigas, compañeiras e serán rivais o vindeiro Domingo, excepto Adri Castro que foi expulsada, (parece ser que incomprensiblemente), na semifinal ante o Ponteceso, e que será rival dende a banda en lugar de no céspede. Unha mágoa para Adri que tras syuperar unha grave lesión estaba nun excelente estado de forma.
Barca Toba, ( Muxía, 08/10/85), é a máis veterana, todo un todoterreo xa que por onde pasa trunfa polo seu caracter competitivo levantando copas e medallas en futsal, atletismo, ciclismo, fútbol… e nesta tempada tras superar unha lesión grave de ligamentos do xeonllo e raparecer para facer 31 goles en 18 encontros e 6 na copa en 3 choques. É a viva imaxe do “alento da raza”, como diría o ilustre muxián Gonzalo López Abente. Foi das que comezaron no Fisober na sua creación e chegou o máis alto, para buscar outros deportes e de novo voltar fai 3 anos, así coma unirse o CF Muxía na sua creación fai un par de tempadas.
Para Barca na final influe que “elas están nunha categoría superior pero imos a sair a competir, con moitas gañas, vimos de facer un final de liga moi bo, estamos moi motivadas e tentar cas nosas armas gañar o encontro…O final pase o que pase o noso premio xa é estar aí na final”.
Esto de ter as compañeiras en fronte como rivais xa o viveu na liga pero nunha final, “será especial, pero tamén hai que dicir que gañe quen gañe unha parte desta copa tamén será do Fisober, vai ser coma se quedase na casa. Dentro do campo esquéceste un pouco de quen está xogando, trocas o chip ata o remate do encontro, que aí xa coma sempre”.
A máis veterana do CF Dumbría é Adriana Castro “Adri”, (Cee, 11/04/1989), que leva 6 tempadas no Fisober e un par delas no Dumbría, tamén como Barca superou unha lesión grave de xeonllo e reapareceu para xogar a un gran nivel, pero que por expulsión na semifinal se perdera tristemente esta final.
Para Adria a final, “Penso que vai ser un partido moi vistoso, con dous bloques moi competitivos e grandes individualidades nos dous lados.
Como equipo chegamos en moi bo momento e con moitas gañas de revancha despois da última final.
Sobre o papel debería notarse o maior ritmo e a experiencia deste ano nunha categoría superior, pero na práctica e nunha final os nervos e a ilusión igualan todo e o Muxía se algo demostrou ata agora foi saber competir ata o derradeiro minuto.
Espero que este ano caia do noso lado, o Muxía xa tivo celebración a semana pasada…hai que repartir!”.
No tocante as amigas que terá en fronte, “sempre é bonito enfrentarte a amigas e compañeiras e máis nunha final. Felicitalas sobretodo polo espectacular ano que fixeron, que ninguén leve un golpe e que tropecen co balón o domingo”. E o igual ca Barca pensa que : “Sexa como sexa o Fisober celebrará unha copa”.
Patri Romaní, (Muxía, 04/11/1991), é a terceira por edade i é a calidade do fútbol da costa personificada, estivo no Fisober coas outras 4 rapazas deste artigo, xa que comezou no 2004 e xogou ata o 2014, foi a capitana dun dos mellores Viaxes Amarelle FSF da historia, xogando na 1ª División, e deixándoo para voltar a casa e enrolarse de novo no Fisober e no nacemento do CF Muxía. Esta tempada marcou en liga 23 goles en 23 encontros e na copa 5 en 3.
Patri ten lembranzas da pasada Copa da Costa feminina na que o Dumbría caía ante o Xallas na Arliña, Muxía), pero querlle as suas compeñrias e amigas pero se o ano pasado que ría que gañasen desta volta o conto cambia : “Recordo que o ano pasado fun a Arliña animar ao Dumbría na final da copa da costa. Evidentemente este ano non quero que ganen, pero somos xente que levamos moito xogando e sabemos que o que pasa no campo quedará no campo. Será unha rivalidade sana na que cada unha mirará polo seu, pero unha vez termine o partido volveremos ao punto de antes de xogalo”.
Para a talentosa xogadora muxiana é unha mágoa o de Adri, que : “Esta temporada non chegamos a xogar con Adri porque estivo recuperándose da lesión que sufrío ano pasado, e ao igual que Barca fixo a recuperación en campo, pero neste caso xa non lle dou tempo a estrenarse na pista de sala”.
A cuarta por idade e veteranía é outra muxiana, Eva Lema, (Merexo-Muxía, 23/09/1994), que xoga no CF Dumbría, e que comezou no Fisober no que xogou 8 tempadas, para logo emigrar deportivamente e chagra ata o Atlético Navalcarnero da 1ª Nacional de Futsal Feminino. O seu retorno o deporte enrolouse nas filas do CF Dumbría na sua fundación fai 3 anos. Foi a segunda máxima goleadora da 2ª Galega G1 con 30 goles en 26 encontros e suma na copa 12 en 4 choques sendo a máxima artilleira da competición.
Eva alégrase de enfrontarse ao Muxía e por ende as suas amigas e ex compañeiras no Fisober : “Para todas as que somos da Costa, unha final da Copa sabemos que ten un significado especial. Para min é un orgullo que chegásemos outra vez aquí, e como muxiana, alégrome de que sea o Muxía o que chegase con nós. Espero un partido bonito, de nivel, ainda que un tanto “raro” por encontrarnos con amigas e ex compañeiras, pero xa nos enfrentamos o ano pasado así que seguro que o disfrutaremos. Quen nolo iba decir hai uns aniños…”.
A máis noviña do grupo que entrevistamos é Paula Fandiño, (Cee, 21/06/2001), se decimos que é a imaxe da calidade a raudais, parece que as outras non a teñen, pero sí que calquera das que entrevistamos neste artigo podería xogar nunha Selección da costa no 11 titular, (salvo que o adestrador fose Óscar Cano). Paula que este ano suma 20 goles en 18 encontros de liga e 2 en 2 de copa, comezou no Fisober no 2010 e foi i é parte importante na pista e na banda, pois si acadou o ascenso co Dumbría e a salvación nesta tempada, (as que leva pero antes xa formou en alevín e infantil), no Fisober participou dos trunfos do primeiro equipo e como adestradora xunto con Adri Castro acadaron coas alevíns do Fisober o Campionato Galego, este vindeiro sábado xogan a final da Copa Galicia co mesmo equipo e o vindeiro 14-15 de Xuño xogaranse na “Final Four” o Campionato de España Sub 12.
Para Paula, sobre a final e as amigas e compañeiras non sabe que dicir : “Somos moi boas amigas fóra do campo pero estou segura que dentro imos ser serias e ante todo tanto dun lado como do outro creo que vai haber moito respeto. A min gustaríame e quero gañala, pero de perdela, alegraríame de que quedase na familia Fisober.
E a nivel equipo creo que estamos ca espiña do ano pasado, moi mentalizadas no obxetivo e temos moitas gañas de que sexa domingo”.
O vínculo do Fisober é moi forte polo que se pode ver nas verbas das 5 entrevistadas co gallo desta finalísima da copa, e Paula vai máis alá e lembra outros vínculos de amigas e compañeiras : “No Muxía están Patri e Barca que xogan actualmente no Fisober. No pasado xogou Piroja, (CF Muxía), pero ahora mEsmo non. Ademáis Raquel e Nuria (CF Muxía) están vinculadas diretamente co Fisober xa que son as nais de dúas alevíns do Fisober das que entrenamos Adriana e eu que estamos na fase final do Campionato de España. No Dumbría actualmente que xoguemos no fisober estamos Adri e eu pero tamén hai xente que pasou polo equipo no pasado como Eva Lema, Claudia, Mai, María en senior e Sabela, Noa, e Lara en categorías inferiores”.
“O noso agradecemento a estas 5 “cracks” pola extraordinaria colaboración, e o desexo de que se vexa unha bonita final, que non haxa lesionadas e que gañen as que máis o merezan”.
CF Dumbría-CF Muxía
Día : 08/06/2025
Data : 17:00 horas
Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)
-Fotos Xosé Búa “Pirata” e Facebook Veteranos Dumbría
-Texto : Xosé Búa “Pirata”




