CF Muxía 2-0 SCD Malpica
Tralo roubo da primeira final no 1966 e a dureza do sucedido o ano pasado ca derrota nos penaltis tanto na final feminina como na masculina, ambas seguidas no San Pio de Refoxos, (Xallas-Cee), desta volta a terceira foi a vencida. Xa non puideron ver esta vitoria os seis daquela primeira que estaban no campo ceense, o deixarnos o ano pasado o benefactor do clube, Manolo Martín, pero de seguro que a disfrutaría alá onde esté.
A historia debíalle unha o clube muxián e foi desta no Municipal Irmandiños de Vimianzo, un 24 de maio do 2026 ante en torno a uns 3000 afeccionados, con goles de Rober e Mauro Romaní.
Nesta historia sempre ten que haber un perdedor, p SCD Malpica chegaba a sua cuarta final, tendo unha Copa nas suas vitrinas, polo que non temos máis ca desexarlle o mellor no futuro e decir o tótico que para perder as finais hai que chegar a elas.
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o CF Muxía, xogadores, técnicos, axudantes, diretivos, e como non, socios e afeccionados, pero tralo sucedido o ano pasado a ledicia máis grande é para o seu presidente, Juan José Busto, que se sacou a espiña do sufirmento que viveu o ano pasado…A toso noraboa e Forza Muxía!!!.
CF Muxía : Iván Bouzón, Mateo, Fran Moreira, Rober, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Iago Muiño, Carlos Costa, Brais, Antón Pose, (11 inicial); Joel, Ánxo Pose, Michael, Julián, Isma Márquez e Manuel Martínez.
SCD Malpica : Jesús Anido, Pablo García, Damián, Diego García, Crístian, Aday, Fran García, Fabián, Raúl Rodríguez, Isaac e Saydou, (11 inicial); Joel, Saúl, Ánxo, Jónatan, Raúl Reigía e Brais.
Árbitros : Alfonso Caamaño Blanco, auspiciado nas bandas por Diego Grille e David Castro e como cuarto árbitro : Manuel Castro. Amonestou polo Muxía a, Mateo, (66´), Adrián Alcaina, (75´); Carlos Costa, (83´); e Manuel Martínez, (93´), e polo Malpica a Jónatan, (42´), Fran García, (55´) e Aday, (84´).
Goles : 1-0, Rober, (10´); 2-0, Mauro Romaní, (13´).
.
-Fotos Xesús Búa
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”





