Os capitáns, Martín MC e Fabián co cuarteto arbitral.
Tal como vos apuntamos no día de onte, o SD Sofán acadou a primeira Copa da Costa da sua historia, tras perdela no 2018 na final ante o Xallas nos penaltis. Pola sua banda o CD Baio, que xogaba a sua cuarta final, buscaba alzala por segunda vez, tras facelo no 83 ante o SD Coristanco. O resultado foi demasiado abultado en contra dos baieses que loitaron ata o pitido final, pero o Sofán amosou maior fortaleza física e definición, sendo xusto e merecido vencedor. Nos prolegómenos do encontro os dous equipos fixeron o pasillo de campión aos costeiros que veñen de gañar a Copa das Rexións UEFA, Iván Cancela, (ex adestrador sofanista que estivo na anterior final xogada polos de Carballo, e que é o adestrador da Selección de Afeccionados), Cantú (2º adestrador), e os xogadores Fabio, Antonio e Minibugy.
A nosa máis cordial a tódolos/as que forman o SD Sofán pola consecución desta copa, e igualmente a tódolos/as que forman o CD Baio, xa que para perder unha final hai que chegar a ela, e a ela só chegan dous equipos.
CD Baio 0-5 SD Sofán
Campo : A Fontenla, (Santa Comba), en torno aos 1.600 espectadores.
Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Final e experiencia vivida polos meus xogadores como unha final, disfrutando do gran ambiente que habia na Fontela. A nivel futbolístico o único que me sabe mal polos xogadores creo que è o resultado final tan abultado. Primeira parte na que nos condicionaron con demasiado castigo 2 balóns. Unha, primeiro por non estar vivos na segunda xogada, e outra un erro na saida de balon. A partir de aí, asumimos riscos e con un rival desta categoría fixeron dano cos espazos…Felicitar a Sofán, e o CD Baio a seguir pelexando para que sexa unha final das moitas que quedan”.
Pablo Torreira, (Adestrador do SD Sofán) : “Gran ambiente o vivido na Fontenla, ante dúas afeccións cun comportamento exemplar. A nivel futbolístico, penso que o Sofán fixo un partido moi serio, minimizando o fútbol ofensivo do Baio. Xa que só tiveron unha ocasión nos primeiros 45 minutos. Foi clave poñerse 0-2 nunha primeira parte de moita efectividade. Na segunda cos espazos e a velocidade arriba puidemos matar o partido antes do esperado. Moi contentos por inscribir o nome da SD Sofán, por primeira vez, no palmarés desta prestixiosa Copa da Costa”.
CD Baio : Iván, Aday, Norber, Hugo, Martín MC, Bieito, Porti, Peke, Pablo, Pazos e Aitor. Tamén participaron : Costiña, Josiño, Santiso, Ceide e Yago.
Adestrador : Félix Raposo
2º Adestrador : Pablo Romero
Delegado : Bertino López
Preparador Físivo : Breogán Lourido
SD Sofán : Brais Gómez, Noé, Bece, Alexandre, Fita, Fabián, Dani Pena, Dani García, Pablo, Paulo e Bandera. Tamén participaron : Mario, Iván, Miguel Taibo, Juanjo e Jacobo.
Adestrador : Pablo Torreira
2º Adestrador : Gonzalo Suárez
Delegado : Manuel Cancela
Goles : 0-1, Bandera, (15´); 0-2, Paulo, (27´); 0-3, Dani Pena, (51´); 0-4, Iván, (80´); 0-5, Miguel Taibo, (89´).
Árbitro : Manuel Castro Mouzo
Árbitros asistentes : Alberto Pombo e Alfonso Blanco
Cuarto árbitro : David Cancela
Cartóns : Norberto polo CD Baio e Fita, dani García e Pablo, polo SD Sofán.
-Fotos : Web RFGF
-Texto : Xosé Búa/Adestradores