FINAL AGRIDOCE DO SD FISTERRA QUE PASOU DA VITORIA AO EMPATE NUN SUSPIRO, NO DESCONTO ANTE O FILIAL DO CD LUGO, (1-1).

 

SD Fisterra 1-1 Polvorín FC

Aguantou ben o equipo fisterrán ante o Polvorín, un dos “galiños” da competición e que puido sair derrotado do Arasolis e que acabou levándose un punto, e todo iso no desconto. Tal como vos contábamos onte o equipo fisterrán negocia a volta de Ángel López o banco, cousa a primeira vista complicada, non por que non queira, senón que polo actual estado laboral do adestrador fisterrán.

No encontro as cousas non tiveron a emoción e o desenlace ata o treito final, pois Marcote que entraba no minuto 83 facía o 1-0 no 90, pero a ledicia transformábase en tristura cando na seguinte xogada tralo saque de centro, Antin Escobar empataba o choqe. Esto deixaba un sabor agridoce nos fisterráns e un empate que soubo a vitoria aos visitantes, pois tras verse cos 3 puntos os locais, vían como se lles escapaban e pola contra os lucenses tras ver como se lles ía un empate que lles sabía a pouco, pasaban de perdelo todo a rescatar un punto.

Tamén se xogaron onte:

Bergantiños CF 2-0 CSD Arzúa

CD As Pontes 1-1 Racing Vilalbés

-Foto e Texto . piratasdemuxia