Fin de semana tinguido de lesionados e expulsados

As lesións no fútbol afeccionado afectan máis co apartado deportivo.

-Fin de semana tinguido de lesionados e expulsados-

-12 expulsións e 9 lesionados-

Esta pasada semana no fútbol da costa o panorama estivo acorde coas datas. En pleno “Entruido”, (como lle chamamos en Muxía), a xornada nas ligas costeiras senior e nas galegas con equipos costeiros estivo tinguida de expulsións con 12, e de lesionados con 9. Como todos sabemos as lesións no fútbol afeccionado afectan a moito máis co aspecto deportivo. Pois se é importante que un equipo perda unha peza do seu equipo, máis importante é no social, pois moitas veces afecta o traballo da persoa lesionada e ata chegar a perder o traballo por unha longa lesión como ten pasado, amén da tara que poida quedar en lesións graves. No referente a garnde catuidade de expulsados nas 3 ligas con máis equipos costeiros, no encontro que máis houbo foi no derbi da 1ª Galicia G2 que enfrontaba ao CD Baio e o SCDR Esteirana no que hou 4 expulsados, os 4 do equipo esteirán. Nesta mesma liga no CD Unión-SD Soneira, houbo 1, así coma no Praiña-Fisterra, (nestes casos nos equipos locais). Na Liga da Costa expulsaron a 2 xogadores do CD Muros, e 1 do SCD Malpica, UC Cee, e Volantes de Baño CF. Na 3ª da Costa a cousa estivo máis templada e só houbo 1 no UD Corcubión. No tocante as lesións foi unha semaan moi aciaga tamén, pois ademáis ainos graves, como as de Berto, (Volantes de Baño CF), con duas costelas rotas e un cartílago, e a do porteiro David “Pesco” (SD Camelle), coa rotura do “Talón de Aquiles”…Segue abrindo a nova completa

Segue coa analise dos lesionados…

Preme abaixo en “Ler a nova completa…” para VER MÁIS…

Alberto Rial, “Berto”, (Volantes de Baño CF) sufreu nun lance no minuto 85 no choque Volantes-Mazaricos, (Liga da costa), co xogador mazariquense Ricardo, a rotura de duas costelas e o cartílago, segundo nos informan dende o clube. Un lance que o xogador padronés do Volantes non entendeu como “fortuito” e expresábase desta maneira nas redes sociais e aportando o vídeo da desgraciada xogada : “Penalti???. Explusion???. Disculpouse???. Foi a posta???. Eu creo que non. O árbitro e o linea para que????. O unico que escoitei foi : si estiveras perdendo fijo que xa estabas correndo….. viva o futbol sin balón!!!”. O xogador pérdese o que queda de tempada con toda probabilidade.

Tamén na Liga da Costa o xogador do CD Baiñas, “Chavico” recibeu a diagnose da sua lesión que é grave, a rotura do ligamento cruzado e o menisco que precisará de pasar por quirófano.

Pola sua banda o porteiro do SD Camelle, (3ª da Costa), David “Pesco”, tamén sufría unha grave lesión, a rotura do “Talón de Aquiles”, no encontro que os enfrontaba ao SD Castríz no “San pedro de Castríz”, tendo que xogar o seu equipo con 9 xogadores, xa que non tiñlan trocos e no minuto 44 xa saira lesionado o seu compañeiro Barreiro cunha posible rotura de fibras no ingle.

Na 1ª Galicia G2 tivo que ser trasladado ao hospital “A Rosaleda”, o meta “MJ”, da SCDR Esteirana, por un xionllazo na cadeira na disputa dun balón que lle produxo fortes dores.

Na Liga da Costa caía lesionado o xogador do SD Ponteceso, Luca, que deixaba ao seu equipo cun menos no minuto 80 por un “pichazo” no isquiotibial, cando xa gastaran os trocos.

No CF Lira, (Liga da Costa), tiña que retirarse lesionado o seu dianteiro Crístian Caamaño, con problemas no xeonllo a espera de probas, coa esperanza de que non sexa nada grave, segundo nos din dende o clube.

Na 3ª da Costa, o lider SD Coristanco perdía ao seu dianteiro, Sergio “Xuco”, por unha lesión no abdutor, que podería ser repetida dunha que xa o trouxo a mal traer o ano pasado. Con seguridade pérdese o que resta de campionato, co seu equipo loitando polo título de liga.

NO FS As Baleas, que está a pasar un calvario cas lesións, esta semana caíaselles Ismael, que sufría unha forte escordadura de nocello, a espera de que non sexa máis.

Estes son os nomes que nos chegaron dende os propios clubes, se omitimos a alguén, é por non chegarnos a información.

O noso desexo de que todos eles teñan unha pronta e satisfactoria recuperación e que sexa o menos posible.

Email para aludidos : info@piratasdemuxia.es

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-