Fin de semana intensa de trofeos na Costa da Morte cos derbis en Muxía, e trofeos en Baio, Cee…

Fin de semana intensa de trofeos na Costa da Morte

A fin de semana deixou varios encontros amigables en formato de trofeo, que serviron para medir forzas de cara ao inicio das competicións oficiais. Derbis, novas incorporacións e duelos moi seguidos polos seareiros deron cor a uns días cheos de fútbol.


Derbis da Ría de Muxía e Camariñas

A cuarta edición do derbi da Ría disputouse no campo da Arliña reuniu ao CF Muxía e ao Camariñas FC en diferentes categorías. O balance final deixou dous trofeos para os muxiáns e un para os camariñáns.

  • Infantís: CF Muxía – Camariñas FC → 0-5. Vitoria clara para o conxunto camariñán.

  • Cadetes: CF Muxía – Camariñas FC → 3-2. Triunfo para o Muxía nun choque moi disputado.

  • Senior : CF Muxía – Camariñas FC → 4-1. O prato forte da tarde caeu do lado muxián, que se impuxo con autoridade nunha Arliña con arredor de 400 afeccionados.


LXIV Trofeo Xunqueira

No San Paio de Refoxos (Xallas, Cee) tivo lugar o sábado un triangular cos equipos ceenses que este ano partirán na 3ª da Costa, foi co gallo do Trofeo da Xunqueira que chega a sua 64ª edición. UC Cee, Atlético Pereiriña e Inter de Brens, loitaron pol trofeo que se levou o UC Cee o gañar dous dos encontros.

  • UC Cee – Inter de Brens → 4-1

  • Atlético Pereiriña – UC Cee → 1-4

  • Atlético Pereiriña – Inter de Brens → 2-1

Campión: Unión Club Cee


VI Trofeo Xunqueira Feminino

As rapazas do UC Cee medíronse ao CF Noia nun encontro disputado e intenso, no que os goles de Lucía Martínez e Gala facían que o trofeo quedase na casa.

  • UC Cee – CF Noia → 2-0

Campión: UC Cee


VIII Trofeo Gasthof 

O Platas Reinoso, (Baio), acolleu unha nova edición do trofeo de pretempada organizado polo CB Baio. Nesta ocasión, o equipo baies caeu fronte á SD Fisterra, dirixido polo novo adestrador Leo Picallo.

  • CB Baio – SD Fisterra → 1-3

Campión: SD Fisterra

Esta pasada, foi unha fin de semana cargada de fútbol na Costa, con múltiples escenarios e categorías en xogo, onde se viron equipos xa preparados para o que vén por diante. Estes son os que nos chegou a información pero tamén houbo en Corme e na Ponte do Porto.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”