As Miúdas a única alegría desta fin de semana no fútbol feminino da costa.
Tan só sacou algo positivo o As Miúdas nesta fin de semana dura para o fútbol feminino da costa. O Bergatiños perdía o ascenso na final co Lugo nos lanzamentos de penalti, o Dumbría e Corme que traían resultados con posibilidades perdían e caen a 3ª División Galega Feminina, na que xa están o Mazaricos e Cerqueda, e na que tamén estará o Ponteceso, que nada tiña que facer neste derradeiro duelo, e o único que aguantaba era o Miúdas, que empataba co caranza tras haber gañado en Muros, (1-0).
Mañán como cada martes traerémosvos os comentarios dos adestradores dos nosos equipos sobre o acontecido nestas fases de ascenso e permanenza.
Fase de ascenso 1ª División Galega
Final
(Volta)
CD Lugo 2-1 Bergantiños FC
(Penaltis : 4-2)
Resultado da Ida : 2-1 a prol do Bergantiños.
2ª División Galega Feminina Fase Permanenza a 1ª División
Trintadousavos
(Volta)
SD Pontearnelas 4-0 Ponteceso SD
Resultado da Ida :1-6 a prol do Pontearnelas.
CF Dumbría 2-6 SD Xuventú Aguiño
Resultado da Ida : 5-4 a prol do Xuventú.
Galicia de Caranza 0-0 ED As Miúdas
Resultado da Ida : 1-0 a prol do Miúdas.
Corme CF 1-3 SCD Milagrosa
Resultado da Ida : 2-1 a prol do Milagrosa.
-Foto : Rubén Souto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”