FIN DE SEMANA ACIAGO PARA OS EQUIPOS COSTEIROS DE TENIS DE MESA DA 3º NACIONAL, ASÍ COMA OS DA 1ª E 2ª GALEGAS, AGÁS O VTM ALUMINIOS XEAL.

 

Esta temporada non son capaces de enlazar varias victorias seguidas os equipos da comarca. Parece que non da rendimento os entrenos e a dedicación que mostran os xogadores. Afortunadamente o ánimo non decae e os entrenos aumentarán con vistas aos campionatos galegos que teremos en Zas o 7 e 8 de maio.
Nesta xornada so o equipo de primeira galega VTM Aluminios Xeal acadou a victoria ante o Cambre Anceis, colista do grupo pero que puxolle as cousas dificiles aos de Vimianzo, pois en dous partidos cederon por un axustado 3-2.
Estes foron os resultados
3ª División Nacional
AD Zas Ponciano Nieto – Arteal B Deportes Cibeira   0-4
VTM Pinturas Figueiras – CTM Lalín                           0-4
1ª Galega
AD Zas O Pinar – Cambre El Temple           1-4
VTM Aluminios Xeal – Cambre Anceis          4-1
2ª Galega 
AD Zas Cafetería Talladas – CDTM Top Spin Sala Gradín  0-7
-Fotos e Texto : Stevo Zas