FIN DE LIGA PARA O FISOBER FSF NA PREFERENTE GALICIA FSF CO SUBCAMPIONATO E UNHA VITORIA MÁIS COMO LOCAL.

PREFERENTE GALICIA FEMININA

O Fisober acaba co subcampionato de liga.

 

Fisober FSF 3-1 Cidade das Burgas B

FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Ana, Nuriña; tamén xogaron: Mai, Saray, Uxía, Lucía Martínez.
BURGAS B: Noa, Dunia, Andrea, Laura, Adriana; tamén xogaron: Sheila, Carmen, Carlota, Karem, Raña, Salomé.

ÁRBITROS: Pedro Riveira, Victor Nande.
GOLES: 1-0 min 4 Patri, 2-0 min 15 Adriana, (descanso) 2-1 min 27 Dunia, 3-1 min 35 Patri.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 30ª e última xornada de Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco.

 

 

Finalizaba a tempada para o Fisober que remataba coma local levándose os tres puntos nun encontro típico de fin de tempada cando ningún dos equipos se xogaba nada. Como ningún se xogaba nada ambos adicáronse a intentar disfrutar e dar minutos as súas xogadoras. O que primeiro pegou foi o Fisober cun gol de Patri despois dun disparo cruzado.

Pasaban os minutos con ocasións pero sen goles. No minuto quince unha xogada de Patri que cedía para Adriana para facer o dous a cero a prol das locais. Con ese resultado chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios minutos para as costeiras e mesmo guión. Nada mudaba ata que no minuto 27 Dunia facía o gol visitante para apretar o electrónico.

Pero no minuto 35 Patri facía o tres a un e o último gol da tempada para as de Fran Toba.
Así rematou o partido e a tempada para un Fisober que rematou segundo e pelexou o título ata o final, na que fixo o seu record histórico de puntos na categoría e acadou a súa segunda mellor clasificación tamén en dita categoría.

 

-Foto e Texto : Prensa Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies