Xa é oficial. Ximo Navarro continuará defendendo a camiseta do Deportivo durante unha tempada máis despois de chegar a un acordo coa entidade branquiazul para prolongar a súa vinculación co club, o que consideramos unha fichaxe, xa que o andaluz acabara o seu contrato i era libre de fichar por calquer equipo.
O veterano defensor rematara o seu contrato o pasado 30 de xuño, pero tanto o club como o futbolista apostaron por dar continuidade a unha relación que foi gañando peso co paso das tempadas. Trátase ademais dunha noticia moi celebrada polo deportivismo, que nas últimas semanas deixara moi clara a súa vontade de ver ao lateral seguir en Riazor.
De feito, no derradeiro encontro de Liga fronte á UD Las Palmas, así como durante os actos de celebración do ascenso, a afección dedicoulle un dos cánticos máis emotivos da festa: “Ximo, quédate!”, unha mostra do cariño e do respecto que o xogador se gañou dentro e fóra do terreo de xogo.
Ximo converteuse nun futbolista moi importante no vestiario deportivista, achegando experiencia, compromiso e polivalencia. Ao longo da súa etapa como branquiazul actuou tanto no lateral dereito como no centro da defensa, sendo un dos referentes do equipo e unha peza fundamental na consecución do ansiado regreso ao fútbol profesional.
A súa continuidade supón tamén manter no cadro unha das voces con máis ascendencia sobre o grupo, un futbolista que sempre destacou pola súa profesionalidade e pola súa implicación co proxecto deportivista.
Con esta renovación, o Depor asegura a presenza dun dos capitáns do vestiario para afrontar unha ilusionante tempada en Primeira División, na que sen dúbida a experiencia de Ximo Navarro volverá ser un valor moi importante tanto dentro como fóra do campo.
Esta é unha nova moi esperada polo deportivismo e deixa pechado o lateral dereito con él e con Alti, que chegaron a xogar a gran nivel trala lesión de Mella, o primeiro xogando de carrileiro e o segundo de extremo.
Novo amigable
O clube anunciou un novo amigable e será en Alemaña o sábado 1 de agosto no Millemtor Stadion de Hamburgo, cidade na que está o clube que colle o seu nome do distrito de Sankt Pauli e é como coñecido co sobrenome de “Os Piratas”. Un clube moi querido en terras xermanas, cunha historia singular e que é do pobo.
OS MELLORES GOLES DO dEPOR 2025/26 EN VÍDEO
-Non te perdas o vídeo da nosa elección dos 3 mellores goles da tempada 2025/26 e suscríbete a nosa canle de YouTube que non che compromete a nada e axúdanos a sumar suscritores : PREME AQUÍ.
–
-Fotomontaxe e texto . Xosé Búa “Pirata”
