FICHAXES, RENOVACIÓNS, EVENTOS, CAMPAÑAS : BERGANTIÑOS FEMININO, UD CERQUEDA SENIOR E FEMININO, SD LAXE, UD CORCUBIÓN, CF LIRA, UC CEE, MUXÍA CF, CD BAIÑAS…

O Corcubión cumpre esta tempada 50 anos.

 

O Bergantiños FC informa que a xogadora Noe Diéguez incorpórase ao noso Feminino para esta Temporada 22/23.

A defensa de Oza – Cesuras (10/07/1992) xogou no Betanzos C.F dúas tempadas(2018 – 2020). Anteriormente militou no Torre SD Femenino club ao que estivo ligada 6 campañas, e no Orzán Sociedad Deportiva (T.2011/2012).

Fichaxes e renovacións no UD Cerqueda masculino e feminino

No que se refire ao UD Cerqueda de homes, (Liga da Costa), anuncian a fichaxe de 4 xogadores : Crístian Fernández, procedente do Xuvenil da Nacional do Bergantiños FC, Samuel Rodríguez, Mario Rodríguez, porteiro que chega do xuvenil do SD Sofán, e Michi Castro. Ademáis seguen no equipo para a 2022/23 : Javi Souto, Marcos Pensado, Eloy Boedo, Dani García, Lorenzo, Manuel Guillamet.

Pola sua banda no feminino renovaron : Paula Veiga, Raquel Pose, Lucía Rodríguez, Isa Bravo, Saskia, Lydia Verdía e a derradeira en asinar, Uxía Casal.

O CD Baiñas suma efectivos con 2 fichaxes e varias renovacións

As xa anunciadas renovacións do técnico Ángel “Roski”, Raúl Antelo “Ruli”, Cris Hermida, Dylan, Esteban Canosa, Javi Otero e Raúl González “Rauliño”, hai que sumarlle as de : Rodrigo Quintela, Crístian Canosa, Brais Tajes, Sergio Álvarez “Puto”, Adrián Canosa, e Maikol, e as fichaxes do meta Joel Lema, procedente do Soneira, e a de Favio Allo “Chavico”, que chega dende o veciño, Castrelo. No que se refire a baixas, teñen a de “Chicote”, que volveu o Camariñas.

O CF Lira apuntala o equipo

O CF Lira, (3ª da Costa), anúncianos a volta ao equipo de Gael, tras un parón o ano pasado por problemas físicos, polo que a sua volta é unha fichaxe para os de Lira. Trala chegada da nova diretiva, que preside Alba Tajes, chegou a contratación do adestrador, Gabril Formoso, e as renovación de : Alberto Balayo, Raúl de Sil, Ángel, Isaac, Lucas Carballo, Fran Perico, Manuel Cartamil, Migueliño, Raúl Castelo, e  Xaquín.

O SD Laxe orgañiza un Torneo de Fútbol Praia

O SD Laxe, (3ª da Costa), que preside Felipe Oróns, e que xa contratou o novo adestrador, o cabanés, Lilo Rama, anúncianos un Torneo de Fútbol Praia, para o cal piden a axuda de patrocinadores : “Desde a S.D Laxe estamos a organizar un campionato de futbol praia. Con datas ainda por confirmar, andamos na procura da axuda dos nosos patrocinadores, colaborando coa publicidade do evento. Dispoñemos de dúas alternativas para participar no campionato: 30 € publicidade estándar e 50 € publicidade premium (dun tamaño maior). Queríamos animar a todos os patrocinadores a colaborar. Necesitamos da vosa axuda e precisamos da confirmación da vosa participación na publicidade do evento. Hala Laxe!”.

O UD Corcubión anima a participar do seu 50º aniversario e voltar a facer equipos de xuvenís, cadetes e feminino

Medio século de vida cumpre esta tempada o UD Corcubión, (Liga da Costa), o mellor equipo a pasada campaña na 3ª da Costa, con ascenso e título de liga. Desta volta o clube corcubionés, anima aos afeccionados a colaborar con eles nesta tempada cunha data tan sinalada :

Na próxima Asemblea de Socios comunicaranse, ademais das establecidas nos estatutos, as actividades a realizar durante esta tempada 2022-23, na que o Unión Deportivo Corcubión cumprirá 50 anos, sendo o Acta Fundacional de 02-12-1972, data a partir da que comezaremos a desenvolver diversos actos ata concluír cunha comida de fraternidade ao final da tempada.
Todos os interesados en colaborar no 50º aniversario poden remitir información escrita, imaxes, vídeos ou calquera outra en relación con este Club, ao correo electrónico ud.corcubion@hotmail.com, ou ben, ao udcorcubion1972@gmail.com
Nesta tempada, na que cumpriremos o 50º aniversario da nosa fundación, queremos facer equipos de categorías xuvenil e cadete, xuntos cos senior, que esta tempada ascenderon a 2ª Galicia.
Así mesmo, interésanos coñecer as interesadas en facer un equipo feminino, a fin de valorar a súa creación.
Se estás interesado en formar parte do noso Club, ponte en contacto connosco o antes posíbel
-Facebook U.D. Corcubion
-Instagram u.d_corcubion
-Correo electrónico ud.corcubion@hotmail.com
-Whats-app ao 600544244
A primeira xuntanza será no campo de fútbol Novo Cubeleiro de Corcubión
-Xuvenís e Cadetes, xoves 28 de xullo, 21.00 horas
-Equipo Feminino e Senior, venres 29 de xullo, 21.00 horas”.

 

Asemblea do UC Cee o mañán mércores

Hoxe mércores 27 de Xullo, terá lugar a Asemblea Xeral de Socios do UC Cee, (Liga da Costa), na sede do clube, sita no antigo instituto “Agra de Raices”. A primeira convocatoria da cita será ás 20:00 horas, e media hora máis tarde a segunda. Nesta xuntanza cos socios farase balanzo económico e deportivo da pasada tempada, así coma o planeamento da 2022/23 e os rogos e preguntas dos socios.

Novidosa campaña de socios do Muxía CF

O Muxía CF iniciou unha innovadora campaña de socios da para tempada 2022/23 da Liga da Costa, na que ofrece aos socios e afeccionados dúas modalidades para unirse a familia dos “corviños”, unha campaña denominada polo clube da Vila da Barca, baixo o slogan de : “O Muxía eres ti”.

A primeira das modalidades que ofrecen é a de Socio Xeral que terá un precio de 25 euros e terás a ventaxe de entrar aos partidos na Arliña de balde.

A segunda das modalidades será a de Socio VIP que terá un precio de 50 euros e que alberga varias vantaxes;

1-Entrada de balde a todos os partidos na Arliña.

2- Primeira consumición de balde na tasca do campo muxián.

3- Desconto nas prendas do clube muxián, que en breve poñerán a venda.

O Muxía CF anima aos nenos a apuntarse os seus equipos de base

Campaña do Muxía CF para animar aos nenos do concello e da zona a apuntarse aos equipos de base, nas categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Os nenos nados antre os anos 2013-14, (inclusives), poden apuntarse aos benxamíns. Antre o 2011-12, a alevíns, 2009-2010, infantís, 2007-2008, cadetes e 2004-2006, xuvenís.

O contacto para calquer dúbida despexaranllo no 606 816 086, ou por medio das redes sociais do clube.

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

-Foto e Texto : piratasdemuxia/Comunicación Bergantiños FC