O SD Camelle presenta o seu novo adestrador
Xa fai un mes que anunciávamos que Sergio do Crejo era o sustituto de José Manuel Ordóñez no SD Camelle, (3ª da Costa), e nesta fin de semana tivo lugar a sua presentación, por medio do presidente-fundador do clube Camellén, Luis Romaní. Unha xuntanza na que se comezaron a estabrecer as bases da vindeira tempada, na que teñen unha baixa xa segura, a do muxián Rodri, que fichou polo SD Ameixenda, concretamente o dientaeiro é sobriño do novo adestrador.
O SD Coristanco renova o seu corpo técnico
Anúncianos o SD Coristanco, (Liga da Costa), que para a vindeira tempada, Juni, Suso e Iván, seguirán formando o banco do equipo da Terra da Pataca, para así das continuidade a un proxecto, que xa a tempada pasada fixo unha gran campaña, loitando polo ascenso a 1ª Galicia.
Rubén Blanco nova incorporación do Castrelo
O dianteiro procedente da SD Castriz, Rubén Blanco, ven de asinar polo CF Castrelo, (3ª da Costa), que se atopará de novo con Guilllín, que tamén embarca no equipo vimiancés, procedente tamén do equipo xalleiro. O equipo será dirixido esta campaña polo ex da SD Cemelle, José Manuel Ordóñez, que ten tamén fichado a Peke, procedente do Xallas FC, e as renovacións de Dani Picallo, Adián Conde, Miguel Fernández e Sebastián Rodríguez.
Duas baixas e unha fichaxe no Bergantiños Feminino
O Bergantiños FC comunica que Alejandra Fente será nova xogadora do noso Feminino, (1ª División Galega). A central do Temple, Cambre, (18/04/1999), procede do RC Deportivo ABANCA B, no que estivo estas dúas últimas temporadas. Anteriormente, desde o 2017, militou no Orzán Sociedad Deportiva e no Sporting Burgo (2014-2017). Ademáis, comunicannos que as xogadoras Noelia G. “Vimi” e Carla Pose causarán baixa.
Kevin Fandiño novo xogador do CD Baiñas
O xogador procedente do CF Porteño, Kevin Fandiño, nova incorporación do CD Baiñas, (Liga da Costa), que se une a Anibal Calo, procedente do Xallas FC, nos reforzos baiñeses que teñen renovados a un gran número de xogadores : Raúl Antelo “Ruli”, Cris Hermida, Dylan, Esteban Canosa, Javi Otero e Raúl González “Rauliño”, Rodrigo Quintela, Crístian Canosa, Brais Tajes, Sergio Álvarez “Puto”, Adrián Canosa, e Maikol, e tamén xa de fai días as fichaxes do meta Joel Lema, e Fabio Allo “Chavico”. No que se refire a baixas, teñen a de “Chicote”.
Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.
-Foto : SD Camelle
-Texto : piratasdemuxia