FICHAXES NO BERGANTIÑOS FC : LARA LÓPEZ, PAULA SIEIRA E INÉS GONZÁLEZ O FEMININO E CRÍSTIAN FERNÁNDEZ E MARTÍN MONTERO O XUVENIL “A”.

 

O Bergantiños FC que comezaba o pasado martes 10 de Agosto a presentación dos seus equipos de base, comezando ese mesmo día co Cadete A División de Honor, o día seguinte o Infantil A Liga Gallega e Cadete B Liga Gallega, e hoxe venres 13 a presentación do Sénior Femenino de 1ª División Gallega, a partires das 20:15 horas, anúncianos duas incorporacións para o equipo feminino e outras duas para o Xuvenil A, que se suman as chegadas esta mesma semana do centrocampista Abiel Ansede que chega procedente do Ural C.F.n e o defensa Álvaro Ansede procedente do Victoria CF.

Ambos serán compañeiros das novas incorporacións, Martín Montero e Crístian Fernández.
Martín Montero,
dianteiro que procede das categorías de base do Real Club Deportivo de A Coruña, e Cristian Fernández, centrocampista, que procede do clube irmán dos bergantiñistas, SD Sofán, e que xa a estivo ligado ao Bergan en categoría cadete de División de Honra.

 

Lara López, Paula Siera e Inés González novas xogadoras do feminino bergantiñista

A centrocampista, Paula Siera, (05/11/2001), procede do Orzán Sociedad Deportiva. Anteriormente xogou durante tres tempadas no Sporting Burgo e catro no Victoria C.F. .

Inés González, xogadora de 18 anos (26/11/2002) procedente do Orzán SD onde xogou dende 2014, e formada anteriormente no Laracha CF .

Lara López, defensa (22/01/2001) procede do Dépor B e antes pasou por Orzán SD e Imperator.

-Foto e Texto : Departamento de Prensa Bergantiños FC/piratasdemuxia