O Dépor aposta forte por Leo Román para blindar a portaría ata 2031.
Non era a zona do campo que moita parte do deportivismo vía cunha urxencia de reforzar ao contar con Álvaro Ferllo, que fixo un gran traballo nos meses que leva e que moitas das suas paradas deron puntos para acadar o ascenso, e tendo a Parreño como suplente, que tapou bocas e deixou moi boas sensacións no tramo de tempada que estivo baixo paus, e para terceiro gardameta esyaba Eric Puerto, que con esta fichaxe será o que saia, que nesta poisión na escala dos metas ben pode estar gardada polo meta do Fabril, pero Juan Carlos Escotet, a día de hoxe o presidente máis rico do fútbol español, sacou músculo e deu o visto bo ao pagamento da clausula de rescisión da promesa das porterías españolas, Leo Ramos, unha manobra que non afectará o límite salarial o ser feita desta maneira o que fai que o seu impacto no tope será o de repartir o pagado nos 5 anos de contrato.
Xa temos novo gardián para a portaría. A entidade branquiazul confirmou este venres a incorporación de Leo Román, gardameta ibicenco de 25 anos, despois de facer efectiva a súa cláusula de rescisión e vinculalo ao club para as próximas cinco tempadas, nun dos movementos máis ambiciosos do mercado de verán.
A chegada do internacional español supón unha clara declaración de intencións por parte do Dépor, que decide investir nun futbolista novo pero xa contrastado no fútbol profesional, coa intención de converter a portería nunha das posicións máis sólidas do proxecto deportivo que lidera Fernando Soriano.
Román aterra na Coruña tras acumular experiencia en Primeira División, onde disputou 40 encontros de Liga nas dúas últimas campañas co Mallorca. O seu rendemento baixo paus chamou incluso a atención do seleccionador nacional Luis de la Fuente, que lle abriu as portas da selección española absoluta, coa que chegou a debutar recentemente no amigable disputado no Estadio de Riazor fronte a Irak, fai unhas semanas, equipo no que xogaron varios dos que se quedaron as portas de ir o mundial.
Antes de consolidarse na elite, o meta deixou unha pegada importante no Real Oviedo durante a tempada 2023-24. En Asturias converteuse nun dos porteiros máis destacados da categoría, participando en 42 partidos e deixando a súa portería imbatida en 14 ocasións, sendo unha das pezas fundamentais dun equipo que estivo moi preto de conseguir o ascenso á máxima categoría.
Formado na Penya Deportiva da súa Ibiza natal, Leo Román foi queimando etapas ata chegar ao Mallorca, onde, despois de varios anos entre o filial e o primeiro equipo e dunha cesión decisiva ao Oviedo, logrou asentarse como un dos gardametas con maior proxección do fútbol español.
No Dépor atopará competencia con Álvaro Ferllo e Germán Parreño, ambos con contrato en vigor, aínda que a forte aposta económica realizada polo club deixa claro que a entidade ve no ibicenco unha peza clave tanto para o presente como para o futuro.
A dirección deportiva busca así evitar os problemas que historicamente sufrimos na portería noutras etapas e consolidar unha demarcación estratéxica cun futbolista que combina xuventude, experiencia e unha ampla marxe de crecemento.
Co fichaxe de Leo Román, o Depor non só incorpora un porteiro de garantías, senón que envía unha mensaxe clara: o club continúa construíndo un proxecto pensado para competir con ambición nos vindeiros anos.
–
-Fotomontaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”