FICHAXES E RENOVACIÓNS NO UC CEE, CAMARIÑAS FC, SD CASTRIZ, CF MAZARICOS E SD CORISTANCO.

Leo un dos míticos da Costa sigue un ano máis.

 

Leo renova co UC Cee e os cadetes reciben a Copa

Un dos míticos do fútbol da Costa, Leo, ainda ten combustible para seguir e decideu renovar polo UC Cee, (Liga da Costa), tal e como nos informan dende o clube ceense, que ademáis xa renovou a Maikel, Pablo, Chila e Iago. No capítulo de fichaxes, tal e como xa vos apuntamos días atrás, asinaron, Fabián, chegado do SD Fisterra e Rubén, que volta a casa tralo seu paso polo Bergantiños FC Xuvenil.

 

 

Os cadetes ceenses recibían no día de onte, das mans da diretiva da RFGF, Silvia Cancela, a Copa de Campións da Liga da Costa Cadete. Os rapaces ademáis recibían un recoñecemento da alcaldesa ceense, Margarita lamela, que lles fixo entrega dun diploma e unha enseña do Concello de Cee, a cada un dos integrantes do clube cadete da Vila da Xunqueira.

 

Pepucho e Moriño renovan co Camariñas FC

Tralo anuncio da fichaxe de Juan Cabrejo para dirixir ao Camariñas FC, (Liga da Costa), anúnciannos a fichaxe do que será o seu segundo, outro dos de sempre, Pepucho. No que se refire aos xogadores, Moriño, outro dos míticos incombustibles da Costa, seguirá no clube camariñán un ano máis.

 

 Seguen as renovacións no SD Castriz

O Castriz foi un dos equipos que deron vida a Liga da Costa o ano pasado e segue a renovar aos xogadores que lle deron tanto rendemento. Iván Pastoriza, Alvarito, Álex Mourelle, David Gerpe, Alberto Mata, Martín Gemelo, Carlos Paredes, Ánxo Veiga, Álex Forján, e Samuel Castro, xa deron o si ao clube de San Pedro de Castriz.

 

Cantudo segundo de Mingui.

 

O Mazaricos ficha a “Cantudo” como segundo e renova a 3 xogadores máis

Tralas renovacións de Brais e Kevin, e a fichaxe do porteiro chegado do Laracha CF, Pablo Pose, que suplirá a baixa de Iván Baña, o CF Mazaricos, (1ª Galicia), ten renovados a : Esteban Pereiro, Borja, e José Ángel, Chumiko, Molinos, Sandelo, Marquiños, Oscarín, e Rachón, o equipo de Mazaricos anúncianos a renovación do que será o segundo de “Oscar “Mingui”, Marco “Cantudo e a dos xogadores, Brais, Fran Pose e Chiki.

 

O Coristanco ficha a Roberto Mol

Pouco movemento para un dos equipos que animou a pasada Liga da Costa, o SD Coristanco fichou a Roberto Mol, procedente do SCD Malpica e xa ten asinado o primeiro amigable da pretempada, na que se augura segue po groso da plantilla da tempada pasada. Os coriatnqueses xogará o 4 de Setembro na Laracha ante o equipo larachés.

 

Óscar Leis deixa a coordinación da base do Dumbría

O lariñés, Óscar Leis, segundo de Diego Lobelos no Muxía CF, 8Liga da Costa), deixa de ser Coordinador de Base do CF Dumbría, tras un periplo excelente para a casa dumbriesa.

Así se despedía Óscar da familia dumbriesa : “Non foi facil tomar esta decisión porque cando estás rodeado de boa xente é difícil deixala, pero despois de pensalo moito creo que teño que parar, respirar e desconectar. Eterna e enormemente agradecido a cada unha das persoas que forman o CF Dumbria -oficial- presidente, directiva, adestradores, xogadores, familiares e persoal de cultura, cafeteria, instalacions, cos que compartía instalacións todas as tardes, de corazón moitisimas gracias por facilitarme tanto o meu traballo, un traballo que tratei de facer o mellor posible ata o último minuto que estiven no club. Non quero despedirme sin facer unha mención especial a alguien moi grande, que case nunca fai porque se vexa, pero sempre está para todo e para todos, esa persoa é Manuel Lopez gracias por todo Lopez.

Seguiremos vendonos polo Conco”.

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

 

-Foto Leo e Texto : piratasdemuxia

-Foto Cadetes : UC Cee

-Foto Cantudo : CF Mazaricos