FICHAXES E RENOVACIÓNS NO FÚTBOL AFECCIONADO : LARACHA, SONEIRA, SAN LORENZO, BUÑO, CERQUEDA, BAIÑAS…

Ibrahim Magdy.

 

Fichaxe exótica do  Laracha CF 

O extremo exípcio, Ibrahim Magdy Souliman, (15/11/1999), convértese na quinta fichaxe do Laracha para a tempada 2022/23, na que o primeiro equipo competirá en Primeira Galicia. Ibrahim, de 22 anos, de nacionalidade exipcia, procede do Pyramids, equipo da máxima categoría do seu país. O novo xogador do Laracha, natural de Gharbia, a mesma cidade que Mohamed Salah, estrela do Liverpool, xogou nas categorías inferiores e no filial do Pyramids, un dos tres clubs máis destacados de Exipto. Ibrahim é un atacante zurdo que xoga na posición de extremo dereito. Ten moita potencia e velocidade, bo un para un e un gran disparo.

 

Volven os irmán do Vía Rápida o SD Soneira

Tras acadar a Copa da Costa ca SD Fisterra, os irmáns, Ricardo e Alberto Álvarez, do Vía Rápida, voltan a casa para a 2022/23 no Soneira SD, (1ª Galicia). Tamén renovaron : Brais Mouzo, Sergio, e Álex Figueiras, antre onte e hoxe. O equipo vimiancés está a confeccionar un gran equipo. Caras novas, ademáis dos irmáns Vía Rápida, chegou, Borja Gándara e Fabián García, e renovou a José Gesto “Alemán” , Fran Calvo, o corpo técnico, (Pedro Gómez e Pichón), Pichi, Basti, Darío, Mayor, De la Sierra, Brais Pereira, Ángel, Javi Souto, Coke, e “Maki”.

 

Tralo adestrador moitos renovados no San Lorenzo

Trala fichaxe de Dani Casal como adestrador, (chegado da base do RC Deportivo), comezou o SD San Lorenzo de Verdillo, (Liga da Costa), coas renovacións. O primeiro foi o meta, Sergio Collazo “Puyol”, e seguíronlle, Lucho, Kuki, Fidi e Raúl.

 

O SCD Buño continúa cas renovacións

Comezou pronto o SCD Buño, (3ª da Costa), cas renovación e o primeiro foi o adestrador José, a principios de Xuño, a él seguíronlle, os dianteiros, Juan Antelo, Elías e Omar, os medios, Fran e Pablo, os laterais, Miguel Dourado, Sergio  Bastón e Brais, e o centrail, José.

 

Así van as renovacións no UD Cerqueda masculino e feminino

No que se refire ao UD Cerqueda de homes, (Liga da Costa), seguen no equipo para a 2022/23 : Javi Souto, Marcos Pensado, Eloy Boedo, Dani García, e Lorenzo. Pola sua banda no feminino renovaron : Paula Veiga, Raquel Pose, Lucía Rodríguez, Isa Bravo, Saskia, e Lydia Verdía.

 

O CD Baiñas continua confeccionando a plantilla

As xa anunciadas renovacións do técnico Ángel “Roski”, Raúl Antelo “Ruli”, Cris Hermida, Dylan, e Esteban Canosa, hai que sumar as derradeiras de, Javi Otero e Raúl González “Rauliño”.

 

Grupos para a 2022/23 no fútbol afeccionado e de base

PREME AQUÍ

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : Laracha CF