FICHAXES E RENOVACIÓNS NO BERGANTIÑOS E NO LARACHA CF.

 

Ainda que se freou nos derradeiros días, en parte a gran cantidade de movementos que fixo, o Bergantiños FC, que un ano máis será da partida na 2ª RFEF, os movementos seguen e desta vez cunha gran fichaxe, a do dianteiro Ander Fernández, de 26 anos (06/12/1995), natural de Aramaio (Álava) procede do SD Gernika Club , club no que estivo tres temporadas, conseguindo o ascenso á 2° RFEF na 20/21, e marcando 15 goles esta campaña recén rematada.

Antes pasou polo Sestao River Club procedente da S.D. Amorebieta de 2° División B, e na Temporada 15/16 estivo no SD Aretxabaleta de Terceira División. Caractetízase por ser un goleador, potencia, velocidade, remate e cun gran un para un.

 

Pape renova co Laracha CF

Segue a preparar o equipo para a volta a Preferente Norte o Laracha CF. O clube que esta vindeira tempada estará as órdes do estordés, Rubén García, ven de renovar a un dos pesos pesados no equipo, Pape Massokhna Gaye (31/12/1997), o xogador senegalés convértese na terceira renovación do Laracha para a tempada 2022/23.

Pape incorporouse o pasado verán á disciplina do Laracha Club de Fútbol. O dianteiro centro senegalés foi o segundo máximo goleador do equipo na campaña 2021/22 con nove tantos, os mesmos que Gabri e un menos que Totó, que asinou catro nos dous últimos partidos de Copa.

O punta de 24 anos empezou a xogar co equipo na xornada 16 da primeira fase, na que marcou cinco goles. Na fase de permanencia disputou sete encontros e anotou dous goles, os mesmos que na Copa da Coruña. En total, 9 dianas en 19 partidos (14 como titular).

-Fotos : Comunicación Bergantiños e Laracha

-Texto : piratasdemuxia, Comunicación Bergantiños e Laracha