Rodri deixa o Camelle para enrrolarse no Ameixenda.
Rodri ficha polo SD Ameixenda
O Ameixenda xa leva traballado a reo en confeccionar un equipo para a 3ª da Costa. O adestrador Javier, seguíronlle : Crístian, Juan, Luis Capote, (chegado do Castrelo), Pablo, Chapu, Juan, Saulo, Camacho, Adán, Pikero, o meta Pablo Rivers, Andrés, Bichiño, Jesús, Crístian Caamaño, Samuel, Alexis, e Galindo. Desta volta os amexeindeses fichan procedente do SD Camelle, ao xove muxián, Rodri, dianteiro de calidade e moi explosivo, criado na canteira do Muxía CF.
Dani Casal novo adestrador do SD San Lorenzo
A SD San Lorenzo, (Liga da Costa), ven de anunciarnos a contratación de Dani Casal como adestrador do equipo. O técnico chega das categorías de base do RC Deportivo.
Borja Gándara novo xogador do Soneira SD
O xove medio de 25 anos de idade, Borja Gándara, que o ano pasado xogou no Xallas FC na Preferente Norte, nova incorporación do Soneira SD, (1ª Galicia), que tamén renovou esta fin de semana a José Gesto “Alemán” e a Fran Calvo. Borja é a segunda fichaxe dos vimianceses que a principios de Xullo incorporaban a Fabián García procedente do SD Castriz. Para a vindeira tempada os de Vimianzo ademáis renovaron o corpo técnico, (Pedro Gómez e Pichón), así como a, Pichi, Basti, Darío, Mayor, De la Sierra, Brais Pereira, Ángel, Javi Souto, Coke e “Maki”.
Ruli continua no CD Baiñas
As xa anunciadas renovacións do técnico Ángel “Roski”, o CD Baiñas, (3ª da Costa), suma a de Raúl Antelo “Ruli”, que se une a Cris Hermida, Dylan, e Esteban Canosa.
-Foto e Texto : piratasdemuxia