FICHAXES E BAIXA : CARLOS LÓPEZ NOVO XOGADOR DO BERGANTIÑOS CF E MIGUEL FIGUEIRA NOVO ADESTRADOR DO ATLÉTICO ARTEIXO E ÁNGEL LÓPEZ DEIXA O FISTERRA E ANTONIO LÓPEZ O “BERGAN”.

Carlos López nun encontro co CD As Pontes.

 

Carlos López, primeira fichaxe do Bergantiños para a vindeira temporada. Procedente do CD As Pontes, chega a Carballo un dos mellores futbolistas galegos da xeración do 96, que se desenvolve na mediapunta, no costado esquerdo do ataque ou na dianteira: un zurdo de moita calidade para o novo proxecto de José Luis Lemos.

Comezou a súa andaina como futbolística aos cinco anos no equipo do seu pobo, o Numancia de Ares, desde onde, xa como alevín, se incorporou ao Deportivo da Coruña, club que abandonou na súa etapa cadete para fichar polo Racing de Ferrol. Alí comeza a destacar e, en idade xuvenil, é convocado pola selección galega sub-18 e chega a debutar co primeiro equipo departamental. 

Aínda como xuvenil, xoga cedido no Mugardos, en Terceira División, e á campaña seguinte, no Cerceda, club no que continuará un curso máis, xa en Segunda B. Coa desaparición do Cerceda, Carlos ficha polo C.D. As Pontes: no seu primeiro año, en Preferente, consigue o ascenso e unha salientable cifra de goles, 23. Xa en Terceira, a temporada pasada volveu ser un dos xogadores importantes non só do equipo, senón de toda a categoría.

“Estou moi contento de formar parte de este gran club”, declarou tras asinar a súa contratación. “E, por suposto, moi ilusionado por formar parte do proxecto. Espero que contribuír a acadar os obxectivos e estar o máis arriba posible, cos mellores”.

 

Antonio López baixa no clube carballés

Antonio López non seguirá no Bergantiños a vindeira tempada. A directiva agradécelle ao xogador a súa dedicación, esforzo, traballo, compromiso e conduta o curso pasado, tanto no campo e no vestiario como fóra deles, e deséxalle o mellor para o futuro. O veterano central chegou ás Eiroas o pasado agosto procedente do Laracha, logo dunha importante e dilatada traxectoria en clubs de Terceira e Segunda B, como o Fabril, Arosa, Racing de Ferrol, Cerceda e Compostela, entre outros.

O xogador manifestou en Twitter que : “Moi agradecido à familia do @BerganFC polo bo trato e a confianza recibida ó longo desta tempada. Foi unha honra pra alguén con raices na costa da morte, defender as vosas cores”.

 

 

 

MIGUEL FIGUEIRA NOVO ADESTRADOR DO ATLÉTICO ARTEIXO

O ex adestrador do Bergantiños CF, Miguel Figueira, que deixara o clube carballés no treito final da tempada, tras facer unha tempada, a anterior; excelente, ven de asinar polo Atlético Arteixo, equipo no que o vimiancés xa estivo, polo que a ledicia no clube arteixán é plena e recíbeno con un vídeo entrando no “Ponte dos Brozos” e pisando o céspede e cun : “Benvido a casa”.

O xa novo adestrador do clube arteixán decía trala sua sinatura no contrato que : “Chego para encabezar un proxecto ilusionante, nun lugar no que fun moi feliz. Necesitaba recuperar a ilusión, e a veces esa ilusión está por encima da categoría ou dos cartos. Buscaremos xogadores comprometidos para devolver ó clube a Terceira División”.

 

 

Ángel López leva anos facendo historia co clube fisterrán.

 

ÁNGEL LÓPEZ DEIXA DE SER ADESTRADOR DA SD FISTERRA

Nun escueto comunicado nas redes sociais o SD Fisterra recén ascendido a 3ª División a SD Fisterra anuncia que o adestrador Ángel López non continuará a vindeira tempada : “A S.D.Fisterra quere comunicala desvinculación do seu actual adestrador Ángel López da que é a sua casa, a S.D.Fisterra. Queremos agradecerlle a adicación nestes dous inmellorables anos e desexarlle a mellor das sortes”, dinos o comunicado do clube fisterrán. 

 

-Foto Carlos López e texto fichaxe : Bergantiños CF

-Foto Miguel Figueira e texto :  Atlético Arteixo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.