FICHAXES DEPOR 2026/27 : “Novo enrolado : Pierre-Emerick Aubameyang, unha estrela de repercusión mundial para Riazor”.

Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang naceu o 18 de xuño de 1989 en Laval (Francia). Ten nacionalidade gabonesa e francesa, mide 1,87 metros e xoga como dianteiro centro. É fillo do ex internacional gabonés Pierre Aubameyang, polo que o fútbol forma parte da súa historia familiar desde a infancia. Coa selección de Gabón converteuse nun dos seus grandes referentes, acumulando máis de 80 internacionalidades e arredor de 40 goles.

A súa carreira profesional comezou no AC Milan, aínda que foi en Francia onde deu os seus primeiros pasos importantes, pasando por equipos como Dijon, Lille, Mónaco e Saint-Étienne. Foi precisamente no Saint-Étienne onde explotou como goleador antes de dar o salto ao Borussia Dortmund, club no que alcanzou a elite mundial. En Alemaña marcou máis de 140 goles oficiais e conquistou a Bundesliga como un dos atacantes máis temidos de Europa.

Posteriormente fichou polo Arsenal, onde se converteu en capitán e nun ídolo da afección. Cos “gunners” conquistou unha FA Cup e compartiu a Bota de Ouro da Premier League na tempada 2018-19. Tras a súa etapa londiniense xogou no FC Barcelona, Chelsea, Olympique de Marsella e Al-Qadsiah antes de regresar ao Marsella.

Aubameyang destaca pola súa velocidade, capacidade para atacar os espazos e instinto goleador. Durante máis dunha década mantívose entre os dianteiros máis produtivos do fútbol europeo, brillando tanto na Champions League como na Europa League.

A sua innegable cita co gol

No seu primeiro paso polo Marsella (2023-24) asinou unha campaña espectacular: 30 goles e 11 asistencias en 51 encontros oficiais, converténdose no primeiro xogador do club en alcanzar esa cifra goleadora desde Didier Drogba.

En 2024 marchou ao Al-Qadsiah saudita, onde mantivo un excelente rendemento. Na liga saudita disputou 32 partidos e marcou 17 goles, ademais de repartir varias asistencias.

Tras regresar ao Marsella para a tempada 2025-26, participou en 30 partidos de Ligue 1, con 10 goles e 5 asistencias. Ademais marcou 3 goles na Liga de Campións e outro máis na Copa de Francia, alcanzando un total de 14 goles oficiais na campaña.

Suma na sua carreira como profesional 400, antre a Selección de Gabón, Premier League, Bundesliga, Ligue 1, La Liga e a Champions. Foi considerado o xogador máis rápido do fútbol mundial.

Que representa a súa fichaxe polo Deportivo?

A chegada de Aubameyang ao Deportivo, un xogador que fala perfectamente en castelán por sua nai que é de El Barranco, (Ávila), supón un auténtico golpe de efecto e unha repercusión mundial, basta decir que ten máis de 13 millóns de seguidores nas suas redes, feito que afectará de maneira enorme no merchandising do Depor se as cousas lle van ben

. Non é habitual que un futbolista cun currículo tan destacado, con pasado en Borussia Dortmund, Arsenal, Barcelona, Chelsea ou Marsella, vista a camiseta branquiazul. O seu fichaxe achega experiencia, liderado e prestixio internacional a un equipo que busca consolidarse na elite tras o seu regreso á Primeira División.

Ademais do rendemento deportivo, a súa incorporación ten un enorme impacto mediático. O nome de Aubameyang volve situar ao Deportivo nos titulares do fútbol europeo e transmite unha mensaxe clara: o club quere competir con ambición e recuperar progresivamente o protagonismo que tivo nas súas mellores épocas.

Para a afección deportivista, a súa chegada é tamén un símbolo de ilusión. Un goleador de talla mundial en Riazor representa a unión entre a historia dun club centenario e a ambición dun proxecto que pretende mirar de novo cara arriba.

-Fotomontaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”

.