FICHAXES : ASINADO O META ÁLVARO FERLLO PROCENDENTE DO SEVILLA E SOA CON FORZA O LATERAL DEREITO DO VILLAREAL, ADRÍA ALTIMIRA QUE XA RESCENDEU CONTRATO COS ALACANTINOS.

O Deportivo reforza unha das posicións clave do equipo coa incorporación de Álvaro Fernández Llorente (Arnedo, A Rioxa, 13 de abril de 1998), gardameta con ampla experiencia no fútbol profesional.

O porteiro chega á Coruña como axente libre tras finalizar a súa etapa no Sevilla FC, club da LaLiga EA Sports, e comprométese coa entidade branquiazul até o mes de xuño de 2027.

A súa traxectoria inclúe pasos por equipos como o RCD Espanyol, a SD Huesca e o Brentford FC, no fútbol inglés, o que lle permitiu competir tanto no panorama nacional como internacional.

No seu currículo figuran 43 encontros na máxima categoría do fútbol español, 12 participacións na Premier League e 95 partidos en LaLiga Hypermotion, ademais de catro aparicións na Copa do Rei.

No ámbito internacional, Fernández foi convocado nas categorías sub-19, sub-21 e sub-23 da selección española, chegando incluso a estrearse co combinado absoluto. O seu debut produciuse o 8 de xuño de 2021, nun encontro amigable fronte a Lituania, no que partiu como titular e contribuíu á vitoria por 4-0 baixo a dirección de Luis de la Fuente.

Adriá Altimira soa con forza para o lateral dereito

Adriá Altimira, (Cardedeu-Barcelona, 28/03/2001), lateral dereito) que tamén pode xogar tamén máis adiantado pola banda dereita, formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona e pasou por equipos como UD Melilla e FC Andorra antes de chegar ao Villarreal en 2023. Estivo cedido no Leganés na temporada 2024/25, con presenza relevante no equipo. 

O Villarreal anunciou a rescindición do contrato con Altimira, polo que o xogador queda libre para fichar por outro club neste mercado invernal. No Submarino Amarelo xogou tanto co primeiro equipo como co filial, ainda que tivo poucas oportunidades esta temporada. 

Varias fontes deportivas apuntan que o Depor está activamente interesado en fichalo como reforzo prioritario para o lateral dereito, especialmente tras as lesións que tivo o club nesta posición.  A través desta opción, Altimira vería no Dépor unha oportunidade para recuperar continuidade e protagonismo no terreo de xogo.

-Fotomontaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”