Mentres se vai retrasando a incorporación do novo adestrador, que xa se contaba que fose onte, e que podería ser hoxe, xa que din que Imanol Idiakez xa estaba onte na Coruña, chega a primeira fichaxe, e non é outra ca do lateral dereito Paris Adot, (Pamplona 26/02/1990).
Un lateral dereito veterano para cubrir a praza doutro, xa que ocupará o sitio de Antoñito, preto de 3 anos maior ca él, pero que deu un rendemento aceptable.
Paris Adot chega da SD Ponferradina, rival noso na vindeira tempada, a que chegou na 2020/21, e asina por duas tempadas. Formado na canteira do SD Lagunak, da localidade navarra de Barañáin, moi preto de Pamplona, en 2010 fichou polo Cádiz CF para xogar co seu filial en Terceira División. Despois dun ano en Andalucía, regresou á súa terra para xogar, tamén no cuarto chanzo do fútbol nacional, co UD Mutilvera (2011-12). Ao curso seguinte deu o salto a Segunda B co CD Izarra. A súa boa temporada, pese ao descenso do equipo, valeulle un oco no filial do CA Osasuna, co que xogou en Terceira División na temporada 2013-14, antes de regresar ao equipo da localidade de Estella.
Despois dunha campaña 2015-16 nas filas do CD Tudelano, Paris Adot incorporouse ao comezo do curso 2016-17 ao Real Murcia CF, que abandonou no mercado de inverno para fichar polo CE Sabadell FC. No verán de 2017 asinou polo CD Mirandés. Na súa primeira campaña no conxunto burgalés logrou o título do Grupo II de Segunda B pero caeu na semifinal do Play-off de ascenso ante o Extremadura UD. No seu segundo curso, baixo a batuta do ex técnico deportivista Borja Jiménez, o CD Mirandés foi terceiro pero logrou o ascenso ao superar na promoción ó Atlético de Madrid B, Recreativo de Huelva e Atlético Baleares.
Polo tanto o Depor asina a un xogador que ten moi mamada esta categoría e con experienza en categorías superiores.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”