Expósito hoxe nas ofcinas do RC Deportivo.
O RC Derportivo ven de anunciar a chegada de Juanjo Expósito para sumar na Diercción Deportiva, na que o máximo exponente é Fernando Soriano. Xa traballaron xuntos no Ibiza, ao que lle confeccionaron un palntel para ascender. Dende o noso clue din que xa comezaron a traballar, pero a afección está ansiosa por verlle a cara e que se expliquen en rolda de prensa, sobre cales van a ser as suas pautas. Todo apunta a que chegará un terceiro compoñente para a Dirección Deportiva, e o que máis falla fai é a do adestrador que traballe en conxunto con este grupo.
Xa se deron varios nomes, todos eles vinculadoa a traxectoria dos derradeiros anos de Fernando Soriano, pero para aafección só hai un favortio i ese é Rubén de la Barrera. Seguimos expectatntes, de seguro que chegará un “amiguete”, pero non estaría mal que ese “amiguete” fose Paco Jémez, que ademáis está na Coruña de vacacións ca sua familia.
Juan José Expósito Ruiz (Santander, 28 de outubro de 1985), incorporouse hoxe ao RC Deportivo como novo xefe de scouting do Club. Juanjo Expósito foi futbolista profesional no Racing de Santander, Sevilla, Alavés, Córdoba, UD Salamanca, CD Numancia, SD Ponferradina, CD Tenerife, UE Llagostera e UD Almería, onde coincidiu por primeira vez co actual director deportivo do Club, Fernando Soriano.
Ambos compuxeron o equipo de xestión de área deportiva da UD Ibiza que levou ao equipo insular ao fútbol profesional hai dúas temporada. Até a súa chegada ao RC Deportivo, Juanjo Expósito traballaba no Legia Varsovia.
Juanjo Expósito e Fernando Soriano (na foto inferior) comezaron hoxe a súa nova andadura profesional nas oficinas do RC Deportivo na praza de Pontevedra.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo