FICHAXE E DESPEDIDA : “CHEGA ERIC PUERTO QUE SUSTITUE A MACKAY AO QUE SE LLE RESCINDE CONTRATO”.

 

O RC Deportivo anunciou a chegada do xove meta estepeño, Eric Puerto, un talentoso meta ao que lle auguran un bo futuro polas suas boas prestacións no Antequera CF da Primeira Federación e que ocupara ficha de Sub 23, a chegada do rapáz vai unida a máis ca “cantada” por algún medio, despedida de Ian Mackay, ao que se lle abreu a porta e que abandona o clube pola porta datrás tras chegar para axudar en setembro do 2022.

Parece ser que xa días atrás xa se lle comunicou que se lle rescindiría o contrato que tiña ata xuño deste mesmo ano. Situación desagradable para un dos nosos, que foi marcado pola sua desafortunada participación no Play-Off da pasada tempada ante o Castellón, pero que moitos esqueceron, (outros non), que gracias as suas paradas salvadoras chegamos a esa promoción de ascenso, e ademáis polo de agora Parreño non amosou ser mellor ca él. O noso agradecemento a Mackay pola sua entrega sen condicións polo noso escudo e as nosas cores, que son as dél, vaia a onde vaia, onde lle desexamos o mellor, agás que se enfrente o noso equipo.

A saida de Mackay deixa unha praza libre de xogadores maiores dos Sub 23 ca chegada de Eric Puerto

Huerta (28 de outubro de 2002, Estepa, Sevilla), un porteiro que actualmente é titular no Antequera CF de Primera Federación e que ten unha gran proxección de futuro.

O club realiza unha aposta a longo prazo por Puerto, que se incorpora ao equipo até xuño de 2027 con opción a unha temporada máis se o equipo ascende a Segunda División.

O porteiro sevillano formouse nas categorías inferiores do Córdoba CF antes de recalar no Antequera CF de Primera Federación na temporada 21-22.

Na campaña 2022-23 disputou co club malagueño no grupo 4º de Segunda Federación, do que foi campión, 30 partidos como titular. Encaixou 19 goles e estivo 16 partidos coa portería a cero.

No que vai desta campaña, xa no grupo 2º de Primera Federación, xogou 13 partidos en liga, encaixou 12 goles e conseguiu en 7 acabar os 90 minutos coa portería a cero. Ademais participou nun partido na Copa del Rey, ante o CD Manchego Ciudad Real.

Eric Puerto pasou recoñecemento médico na Coruña hoxe martes e mañá mércores adestrarase en Abegondo cos seus novos compañeiros.

A nosa benvida pois a sua sorte será a nosa en canto vista as nosas cores.

 

Cris Montes rexeita a oferta do Eldese de renovación.

Dase por feito que Cris Montes será xogador do RC Deportivo ou ven esta tempada ou ben para as seguintes duas. O Eldense fixo púbrico que lle fixeron unha oferta de renovación o extremo dereito canario de 26 anos, Cris Montes, pero non tardaron en aparecer novas de que fora rexeitada polo propio xogador, paso para poder asinar co Depor un contrato dende o 30 de xuño deste ano. O Depor quéreo agora e o parecer oferceu 125.000 euros, pero o clube de Elba pide 400.000. Agora a pelota está no tellado do equipo alacantino, ou acepta e de seguro poñendo condicións futuras, ou perderá o xogador o final desta tempada, de balde.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”