Festa do SD Coristanco para celebrar o título e o 40º aniversario do clube

Este vindeiro sábado a partires das 17:30 horas comezará na “Rocheira”, a festa da SD Coristanco para celebrar o título de liga, da 3ª da Costa e o ascenso a Liga da Costa e o 40º aniversario do clube. Unha festa que poderá ter outra “guinda” se o equipo verdibranco non perde, pois pechará unha excelente campaña coa vitola de invicto. O equipo antes do encontro deste sábado ante o Sporting Seaia CF, fará a foto de familia e recibirá a copa de campións de liga. Despois do encontro sairán no bus descuberto, (o que puidemos ver na “Mikaela” de Buño), cun grupo de gaitas, a percorrer as rúas de Coristanco, para rematar a festa do título e do 40º aniversario cunha romaría no centro do pobo, cunha disco-movil, pulpeira e cantina do clube.

A SD Coristanco gañou a Copa da Costa 1986/87
40 ANOS DE SD CORISTANCO
 
Cumpre a SD Coristanco 40 anos e faino celebrando co segundo título da sua historia, e como decíamos a pasada semana, acadouno ante o FC Camareiñas, equipo ante o que gañara o seu primeiro título, a Copa da Costa da tempada 1986/87. Dos tres fundadores do clube, un deles xa non está connosco, e o que era o presidente, Mocho Suárez, o outro é o hosteleiro da vila coristanquesa, Ramiro, que rexenta a tasca “O Trincado”, e o outro é o actual presidente Manolo Vecino, máis coñecido coma “Manolo de López”, que na actualidade ten como man dereita a Paco López, que rexenta a cervecería “Arume” no Carrefour coristanqués, e con Lorenzo coma secretario, e os axudantes, Fran, Eva e Yolanda.
 
 
MÉRITOS
 
Os 4 anos da sua fundación quedou subcampión da Copa da Costa, (1982/83), e pouco despois na tempada 1985/86, foi subcampión da Liga da Costa, para no seguinte ano acadar o seu primeiro título, o da Copa da Costa 1986/87, e o ano seguinte ser subcampión da mesma. Agora como decimos, é flamante campión da 3ª da Costa e pode ser de maneira invicta en toda a tempada.
 
 
SD CORISTANCO 2018/19
 
O clube que viña dun descenso inxusto, tanto polo fútbol que ofrecía como polas derrotas inxustas, ou de “mala sorte”, completou unha excelente campaña, en grande medida por haber aguantado a cáseque toda a plantilla que tiñan na anterior campaña na Liga da Costa e completala con varios rapaces de calidade. Como adestrador déronlle o mando ao xove Eloy Calvo que xa apuntaba maneiras nas categorías de base e conseguíu a pesares de acumular numerosas baixas por lesión que o equipo fose o mellor con diferenza da categoría, acadando o ascenso fai máis dun mes, a falla de 4 xornadas para o final da liga e o título a pasada semana a falla dunha xornada para o final e sendo lider en practicamente toda a campaña, perdendoo por golaveraxe nas primeiras xornadas.
PLANTILLA
-Dende www.piratasdemuxia.es, unha vez máis a nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SD Coristanco-
-26ª Xornada-
-Derradeira xornada de liga-
30 e 31 de Marzal do 2019
 
Cabana SD – SD Laxe, (31/03, ás 17:00)
FS As Baleas – CF Porteño, (31/03, ás 18:00)
CD Nantón– UD Corcubión, (31/03, ás 17:00)
SD Coristanco– Sporting Seaia CF, (30/03, ás 17:30)
SD Camelle – Outes CF, (30/03, ás 17:00)
SD Castríz – FC Camariñas, (31/03, ás 18:00)

Descansa :CF Castrelo

 
CLASIFICACIÓN

-PICHICHI-

-Sebas, (SD Castríz) : 35

-Iván Mato, (Cabana SD) : 29, (4 de penalti)

-Djibril, (FC Camariñas) : 24, (3 de penalti)

-Samuel, (SD Coristanco) : 19, (1 de penalti)

-Adrián Lema, (SD Laxe) : 16, (1 de penalti)

-Santi Álvarez, (Outes CF) : 16

-Xuco, (SD Coristanco) : 14, (1 de penalti).

-Pablo Pose, (Cabana SD) : 13

(Os goles que recollemos son os que aparecen nas actas arbitrais).

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-