FERNANDO VIDAL TRALA ASEMBLEA CONFIRMA A INMINENTE CHEGADA DE 2 FICHAXES E UN TOTAL DE ANTRE 6 E 9 ANTES DO FINAL DO MERCADO.

 

Trala asemblea o flamante presidente Fernando Vidal pasou por rolda de prensa e comezou decindo que hai un par de fichaxes dos que se pecharán nesta noite e poderían ser anunciados mañán e que viran antre 6 e 9 novos xogadores e que varios poderían chegar antes do encontro do Domingo ante o Cadiz. Un dos que se fala que podería chegar mañán é o mediocentro defensivo Uche Agbe, xogador do Standart de Lieja e que xa xogou cedido no Granada, Rayo Vallecano ou Sporting Braga.

“Carmelo del Pozo está agora mesmo de vacacións e despois falaremos con él”.

“Esperamos que Çolak xa teña o transfer para enfrontarse o Santander e estes día traballaremos as saidas”.

Falou dun xogador que “virá do fútbol turko e que están traballando nisto”, (Celso Borges?).

Tratarán de chegar a un acordo para “xogar máis encontros ca camiseta de franxas verticais”, pero hai os intereses de Macron e da LFP.

Confirmou que se está “loitando por Insua”,e que están a espera de que o Huesca incorpore de un novo central e que “con Insua hai acordo total”, e que se fará un “equipo novo”, e que “antre todos ímos a conseguilo”.

“O adestrador sempre opinaron cando eu estiven no clube e Fernando que é un home da casa, por suposto que a sua opinión é fundamental”.

Augusto Lendoiro para Vidal “é unha institución no clube e será tomado como tal, pero non estará no organigrama do clube”.

“Se somos capaces de aguantarnos na Segunda despois trataremos de facer un proxecto ilusionante e tentar de volver a Primeira”.

Rematou decindo que “Barral está como asesor deportivo” do clube.

 

PREME AQUÍ para ver o que deu de si a asemblea.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies