FERNANDO VIDAL PRESENTA AOS CONSELLEIROS DA SUA CANDIDATURA A PRESIDENCIA DO DEPOR.

 

Co slogan “Deportodos”, Fernando Vidal presentou os que serán os seus conselleiros de cara a loita pola presidencia do RC Deportivo, na ata o de agora única candidatura que se presentou e da única que hai polo de agora noticia.

Estes son os valores que presenta o candidato no seu proxecto

Compromiso

Cos nosos valores, o noso escudo e as nosas cores.

Ilusión

Por vibrar con nuestros equipos y disfrutar con pasión de cada minuto en la grada de Riazor.

Orgullo

Por ser do deportivo e sentirse parte do club.

 

CANDIDATURA

Fernado Vidal

Presidente de Maritime Global Services, conselleiro da maior naviera española e presidente da AEEA. Foi atleta do RC Deportivo entre 1.976 e 1.988. Membro do Consello de Administración do RC Deportivo entre 2.014 e 2.017 e presidente do Oar Ciudad de Balonmán entre 1.999 e 2.007.

Estes son os homes do presidente :

Miguel Otero Santín

Abonado Dépor nº 3.015. Coruñés e Diplomado en Relacións Laborais, é experto en fiscalidade, e na actualidade exerce profesionalmente como consultor empresarial e asesor en exportación de produtos de mar. Como deportivista exerceu como Presidente Federación Penas RC Deportivo e estivo vinculado ao CD Lugo como conselleiro.

Argimiro Vázquez Guillén
Accionista e socio nº 3.456 Naceu en CEE en Coruña o 9 de novembro de 1943. Licenciado en dereito e Procurador dos Tribunais con despacho en Madrid desde 1969. Membro da Xunta do Colexio Procurados do Madrid. Desde 1990 a 2003 foi membro do Comité de competición da Federación Española de Fútbol, vicepresidente da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid e vicepresidente da Fundación Fide. Medalla ao Mérito polo Ilustre Colexio de Avogados da Coruña. Medalla de San Raimundo de Peñafort. Decano Estatutario do Ilustre Colexio de Procuradores de Madrid. Como particular é un dos accionistas particulares máis importante do Real Club Deportivo.

Ricardo González Fernández

Accionista e socio nº 25.969 Empresario e traballador activo en prol e defensa dos intereses da migración galega no mundo. Vinculado ao mundo do fútbol, presidente e máximo accionista do Real Esppor Club de Venezuela. Vicepresidente de Estudantes de Caracas amplo coñecedor e con relacións no fútbol suramericano. Accionista importante do Real Club Deportivo e ligado ao deportivismo sentimentalmente do cal é accionista importante desde o 2005. No 2008 organizou a xira o equipo branquiazul a Venezuela.

Juan Antonio Armenteros

Trátase dun accionista e socio número 1.874 do Dépor. É avogado de profesión e exerce como Socio Director do bufete Armentero Avogados. Ademais, é membro da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña.

José Luis Queijeiro

Falamos dun accionista e socio número 677 do Deportivo. É un empresario que tamén se desempeña como Director de Riscos en banca.

Manuel José Vazquez

É un accionista e socio número 546 do Dépor, con gran experiencia en multinacionais como Aluminios de Galicia, Endasa, Alcoa e Sapa. A súa vinculación co mundo do fútbol vén desde que era novo e ademais, desde 2009 exerce como presidente da Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña.

Federico Garcia Poncet

Tamén accionista, é o abonado número 961 do Deportivo. É socio director da empresa tecnolóxica Pululart, conselleiro da empresa Viaxes e Cruceiros Crucerator e colaborador en diferentes medios de comunicación locais e nacionais. Así mesmo, foi vicepresidente da Real Sociedade Deportiva Hípica da Coruña entre 2005 e 2013.

Neste enlace podes ver o proxecto de Fernando Vidal : https://www.deportodos.es

Fotos : Candidatura Fernando Vidal

-Texto :piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies