FERNANDO VIDAL PIDEULLE A RAFAEL LOUZÁN QUE SOLICITE A CORUÑA COMO SEDE DOS “PLAY-OFF DE ASCENSO”.

 

 

Segundo pubricou o xornal deportivo DXT Campeón nunha extensa entrevista o presidente deportivista Fernando Vidal, o máximo mandatario do RC Deportivo fíxolle ao presidente da Real Federación Galega de Fútbol a petición de lle solicite a Real Federación spañola de Fútbol que a Coruña sexa sede dos “Play-Off de Ascenso a 2ª División” que se celebrarán se as cousas van ben do vindeiro 16 de Maio o 23.

Vidal dicíalle aos amigos do DXT Campeón que : “Trasladámoslle ao presidente da Federación Galega (Rafael Louzán) esa intención. Non é o Depor o que o ten que pedir, senón a Federación Territorial. Indicámoslle que sería interesante a nivel de Federación que A Coruña puidese ter posibilidades (de acollela). A provincia ten tres campos importantes, tamén conta con campos de adestramento e en Galicia, de momento, manéxanse mellores números en canto á pandemia, cruzo os dedos, que no resto de España. Sería importante para nós que se puidese facer aquí”.

Nesa mesma entrevista, que constou de duas partes e que podedes ler no xornal e na sua páxina web, (https://www.dxtcampeon.com/), Vidal que falou de moitos temas relacionados co clube e contestou a preguntas dos afeccionados, quitoulle ferro a tontería de que Jonathan Praena, presidente do Fuenlabrada, que amosou o submornal que é, se fixese socio do clube e afirmou que : “o carnet non o recolleu” e sobre o que se dicía que os xogadores da pasada campaña cobraran unha prima, afirmou rorundamente que non.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/DXT Campeón


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies