Sobre os nomes propios dos que falamos dixo :
Rolan e Cartabia
“A situación de Segunda b e coa capacidade económica que temos nesta categoría fai que sexa máis que previsible que tanto un como outro teñan que abandonar a disciplina do Deportivo. Son casos diferentes. Por Rolan de momento non tivemos ningunha oferta formal. Sabemos do interese de Francia. E o tema de Fede, son casos diferentes, porque podía ser unha cesión e temos que ver os números e ver como encaixa todo. Tampouco se trata de regalar xogadores”.
Uche Agbo e Keko Gontán
“Son temas diferentes porque con Uche temos unha obrigación de compra no caso de que quede aquí, que estariamos dispostos a asumir cunhas facilidades de pago, porque é un xogador que pola idade que ten é un xogador de proxección. De momento non chegamos a un acordo definitivo. Temos bo ‘ input’ con este tema, pero hai equipos que están interesados e eu creo que esta semana se resolverá este tema, igual que Keko. Keko creo que o ten bastante definido, onte falou con Fernando e creo que dun momento a outro vai tomar a decisión de quedar no Dépor”. Rui Costa “Hai acordo total co xogador e co O Porto e poida que mañá ou pasado xa estea por aquí. Incorporarase moi pronto ao Deportivo”.
Javier Tebas
“A primeira palabra que me vén á cabeza é inhabilitación. Con esta persoa tiven unha profunda decepción persoal. Non soubo como presidente dunha patronal que representa a todos os clubs por igual. Carente de empatía e de capacidade de diálogo”.
Inés Rey
“Unha digna sucesora de María Pita. Unha persoa valente”.
Tino Saqués
“Un presidente que non soubo estar á altura dunha institución que é tan querida para o deportivismo. Arrieros somos e no camiño atoparémonos. O Lugo está por encima de Tino Saqués”.