FERNANDO VÁZQUEZ SANCIONADO CON 2 ENCONTROS E CARLOS LARIÑO CON 4 : “O VAR FUNCIONA…OS ÁRBITROS NON”.

Fernando acabou expulsado polas decisións dun mal árbitro.

 

Que o VAR é un instrumento extraordinario non cabe dúbida. Pero tampouco cabe dúbida que os árbitros son peores, viñeron do confinamento de maneira horrible. Tomando como exemplo o derradeiro encontro do Depor, Fernando Vázquz foi sancionado con 2 encontros, polo que non poderá estar no banquillo ante Huesca e Málaga, e con todo o que se está a xogar o equipo e o clube, e o galeno Carlos Lariño, foi sanccionado con 4 encontros de suspensión, e todo por un mal árbitro que non quixo revisar no VAR un penalti a todas luces inexistente de Mujaid, que salta con toda ventaxe para despexar de testa un balón o área, o atacante tinerfeño non salta, baixase e finxe haber levado un cobadazo do central deportivista. Esto alporizou os ánimos e o médico deportivista foi expulsado e Fernando recibeu unha advertencia.

Todo quedou para a guinda de Ortíz Árias, que tras non pitar unha clara falta sobre Aketxe que Fernando protestou e gritoulle : “Pero es que no lo ves!!!…no lo ves!!!”, e sen pnsalo duas veces, amosoulle un vermello direto, sendo a él mesmo o que había que sancionar, por arruinar un encontro que estaba a ser de total deportividade. Pouco despois Mujaid arrolla co corpo en medio campo a un xogador canario, e nen sinala falta, cando facía pouco pitara un penalti inexistente, por un salto limpo dos que hai centos por xornada nos saques de curruncho ou nas faltas colgadas o área.

Vergonzoso o colexiado madrileño, e vergonzoso unha vez máis o Comité de Disciplina que non fixo caso das imaxes e do porqué houbo as protestas e quen foi o culpable de que todo acontecese, facéndolle caso a un árbitrto grosero e a mala fe, do que Álex Bergantiños dixo tralo encontro que non foi só esto, xa que : “é un árbitro que a actitude que ten no campo non é a mellor”, tras defender que non existe penalti para nada ao igual ca o que lle pitaron o rapáz contra o Rayo. Pero ollo!!!…esto está a pasar en moitos encontros e moito máis na Segunda División. O VAR funciona, pero os árbitros non, pero cobran máis por partido ca moitos de nós nun ano…e que fan?…E para Riazor no vindeiro encontro chega Ais Roig…casi nada!!!.

 

-Fotos e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.