FERNANDO VÁZQUEZ NA SUA DESPEDIDA : “PÍDOLLE O DEPORTIVISMO QUE NON SE DIVIDA NUNCA MÁIS”.

 

Fernando Vázquez na sua despedida do clube como adestrador, pideulle a afección que “non se divida nunca máis” e que apoie totalmente a Rubén de la Barrea e dixo sobre o que ocupa seu sitio que quer que trunfe e que consiga o obxetivo : “Deséxoo de corazón e que todo o que non puiden vivir góceo desde a tele con el”.

“Quero transmitir á afección de que non dubiden de que a oitavos estou plenamente convencido. Agradézolle ao club que me ofreceu as instalacións e entendo que non era adecuado. Dígoo para que o Deportivo sexa capaz de resolver aquilo que ten pendente de resolver”.

Sobre a sua saida e tras falar máis calmado, apuntou o que parece ser un asunto que ven da tempada pasada e parece que os tiros van hacia a dirección deportiva : “É triste dicilo, pero téñoo que facer. Quizá o maior obstáculo que atopei desde últimos momentos da pasada tempada ata esta non veu do exterior, senón dentro do meu propio club. É normal o que digo porque cando hai un cesamento é porque hai dificultades entre adestrador e o club. Ocorreron cousas que me parecen supergraves, cousas que sabe o club e a propiedade. E só espero que polo ben do Deportivo o presidente e Abanca teñan a valentía de tomar as decisións adecuadas e esa unidade volva e permítanos chegar aos obxectivos que todos aspiramos”.

Defendeu que estaba totalmente motivado : “Eu pelexei con todas as miñas forzas e puxen máis do que pon un adestrador. Pero estaba como un canón nestes momentos”…É difícil traballar cando notas que están en terreo movedizo ou de desconfianza. Moito do meu estado emocional débese a que a confianza no adestrador non era excesiva. Se non confían, ti tampouco podes ser un río de alegría. É verdade, pero iso non se pode confundir coa paixón polo traballo”.

Sobre Fernado Vidal dixo que : “Podemos ser amigos e discrepar nunha decisión. Teño a miña opinión e Fernando Vidal fai as súas na contorna en que dirixe. Non pensa igual que eu. Non teño por que romper a nosa relación. El tería que analizar outras situacións como o fago eu”.

Dende algúns medios de comunicación, en especial o de sempre, que xa nunca o tratou ben por non darlle primicias, estarán contentos, despois de desgastar a sua labor día tras día nas redes e no papel. 

Tódolos nosos ánimos para Fernando e que volva algún día, ainda que sexa de presidente. “Para sempre serás un dos nosos”.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies