FERNANDO VÁZQUEZ DIRIXIRÁ O DEPOR DENDE O VINDEIRO SÁBADO.

Fernando Vázquez o día do ascenso adicándollo a afección.

 

Tal e como comunican os compañeiros de “En Xogo” da TVG, Fernando Vázquez collerá as rendas do Depor o vindeiro sábado 28 de Nadal en detrimento de Luis César, ao que lle desexamos todo o milloriño, convencidos de que non ten culpa de nada, nen él nen José Antonio Anquela. Nada poden facer con 3 mantas arriba que só marcaron 5 goles en 21 xornadas. A calquer equipo lle chega un gol para puntuar ou gañardos, habida conta que temos 17 goles en 21 encontros e habendo posto en dous encontros 3.

Xa dixéramos a semana pasada que Fernando Vidal e Fernando Vázquez estiveran reunidos nun restaurante coruñés, e que estaba pechada a sua volta. O técnico de Castrofeito de seguro que será un soplo de ar fresco a unha plantilla músia.

En principio todo apunta a que será presentado no transcurso da semana despois destas primeiras festas de Nadal.

Os nosos mellores desexos para o “Pirata de honra do 2014”, Fernando Vázquez, a espera de que se confirme por parte do clube e de ser así, a vida devólveralle o que lle quitaron inxustamente, dirixir o equipo de toda a sua vida.

 

-Fotos e Texto :piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.