Soriano na sua época no Almería.
A ansiedade coa que se está vivindo trala debacle de Castellón, si ten precedentes pois o vivido en Xullo-Agosto do 2018 foi o intre máis delicado da historia do RC Deportivo. As novas chegan cada 2 x 3 =6, e os teléfonos e ordenadores dos deportivistas ferven mirando seguido a ver que pasa. A Federación de peñas, con moita razón, púxose de unllas, representando o deportivismo. O clube contestou cun comunicado de tranquilidade, e agora ca incorporación do novo Director Deportivo, Fernando Soriano, un dos que soaban, a ver se teñen un pouco de difnidade e se nesto mentiron, pois decían que non era ninguén dos que se falaban, pasa o mesmo con Rubén de la Barrera, destituírono sen xeito nen maneira, tras chamalo para achicar auga, i é o máis necesario para o proxecto. Quéreo e pídeo a afección, e necesítao a canteira para chegar o primeiro equipo, e o equipo para chegar o fútbol profesional.
Quen é Fernando Soriano?
Fernando Soriano Marco, (Zaragoza, 24 de setembro de 1979), converteuse hoxe en novo Director Deportivo do RC Deportivo.
Após a súa carreira futbolística no Recreativo de Huelva, Real Zaragoza, Osasuna e UD Almería, retirouse no conxunto almeriense en maio de 2016 para pasar a dirixilo ao final desa temporada, e 27 partidos da seguinte.
Deu o salto dos bancos aos despachos en decembro de 2018 cando se incorporou á UD Ibiza como Director Deportivo, cargo que exerceu no conxunto balear até abril do pasado ano.
Fernando Soriano é a primeira peza do principal proxecto no que se está traballando actualmente: a creación do novo equipo que xestionará a área deportiva profesional do Club, un equipo que se irá completando a próxima semana.
-Foto : Diario de Almería
-Texto : Xosé Búa “Piarat”/RC Deportivo