Fernando Soriano falou da actualidade da plantilla e da canteira trala presentación de José Ángel Jurado.
Foi preguntado diretamente sobre o futuro de Retuerta, sobre o quye dixo que “estamos mirando e xa se irá vendo, e se vai haber saidas serán relativamente pronto”. Pola sua banda sobre os canteiráns dixo que, “teñen a porta medio aberta e son eles os que teñen que amosar nos adestramentos e encontros “, cousa que comentou cando foi preguntado por David Mella, que está cun pé nos adestramentos do primeiro equipo e o día seguinte no Fabril.
Sobre a ampliación de contrato de Yeremai, que todo apunta que ampliará ata 2026, dixo que pronto informarían sobre este tema, e que ata qiue estivese todo listo non diría nada.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”