O posible adeus de Raúl Lema ao Deportivo continúa xerando unha enorme expectación tanto no deportivismo coma en Abegondo e no fútbol galego. O talentoso extremo, nado en Muxía no 2010 e considerado unha das grandes promesas da canteira deportivista, o que fixo que se fixaran nél equipos do resto do estadocas suas participacións de mérito na selección española Sub-16 e podería poñer rumbo ao Real Madrid a partir do próximo 1 de xullo, segundo avanzou recentemente La Voz de Galicia.
Debút no Xuvenil “A” con Miguel Figueira.
Raúl, internacional coa selección española sub-16, así como ca galega a nivel nacional, xa debutou co Xuvenil A do Deportivo con apenas 15 anos e 32 días, das mans de Miguel Figueira, estaría moi preto de incorporarse á canteira branca. Sobre esta situación pronunciouse por primeira vez o director de fútbol do Deportivo, Fernando Soriano, durante o Especial Fin de Tempada do programa A Balón Parado, da web Riazor.org celebrado este pasado 3 de xuño no Espazo Avenida ABANCA.
Soriano non evitou ningunha das cuestións relacionadas co futuro do xogador e recoñeceu abertamente a dimensión da oferta que ten enriba da mesa o talento muxián.
“Pasóuselle ao rapaz unha proposta que é a máis importante que hai neste momento para esa idade no club. E logo hai competencia. Hai outros equipos que nun momento determinado poden ofrecer máis diñeiro, mellores condicións ou o que sexa. E a partir de aí están os xogadores”, explicou.
A normativa impide blindar aos menores de 16 anos
Durante a súa intervención, o responsable da área deportiva deportivista explicou tamén as limitacións legais coas que se atopan os clubs formadores cando intentan reter ás súas promesas.
“A lexislación española está moi marcada e un neno, ata os 16 anos, coa sinatura do seu pai pode saír de calquera club. É dicir, nós podemos coidar moi ben a un rapaz de 14 ou 15 anos, pagarlle, facerlle un contrato do que queiramos, cos ceros que queiramos poñer, e con 15 anos, 11 meses e 30 días chegar e dicir: “Marcho para o Madrid e aquí quedades, e ese contrato rómpese. Así está a norma”, sinalou Soriano.
Un escenario que evidencia a dificultade de competir cos grandes clubs europeos cando se trata de captar talento en idade de formación.
O Dépor apela ao sentimento de pertenza
Fernando Soriano admitiu que o Deportivo non pode competir economicamente con entidades como o Real Madrid ou o Barcelona, pero reivindicou outros valores que o club coruñés trata de transmitir aos seus canteiráns.
“Hai veces que non podemos competir a nivel económico con Madrid e Barcelona, se nos fixamos niso. Con que loitamos? Co arraigamento, coa xente, con todo o que se vive os domingos. Todo ese tipo de cousas axúdannos a intentar fomentar que o teu camiño está aquí”, afirmou.
O director de fútbol deportivista tamén explicou que desde o club intentan mostrar exemplos de futbolistas que abandonaron cedo as súas canteiras sen atopar posteriormente o éxito esperado.
“Pós exemplos de xente que cando saíu non lle foi demasiado ben, e despois xa está cada familia, que ten que elixir. Pola nosa parte intentamos sempre reter o noso talento”, engadiu.
Polo de agora non hai nada sobre a mesa
A pesar das informacións publicadas, Soriano asegurou que o Deportivo aínda non recibiu ningunha comunicación oficial sobre a saída do xogador.
“Confiamos en que o xogador continúe no Dépor porque non recibimos ningunha notificación por parte da familia, da axencia ou do Real Madrid. Agora mesmo estamos á espera dunha contraoferta que quedaron en facernos chegar”, manifestou.
A canteira, piares fundamentais do proxecto
O caso de Raúl Lema serviu tamén para que Soriano reafirmase a aposta do Deportivo pola formación de xogadores en Abegondo, un dos eixos do plan estratéxico da entidade.
“Xa sabedes que é unha das bases do plan estratéxico que ten o Dépor. Un 25%, que pode ser un 24 ou un 26, pero como mínimo esa cantidade, teñen que ser xogadores formados en Abegondo. E esa é unha obriga que teño eu, pero se mañá vén Monchi ou quen veña, esa norma terá que cumprila”, explicou.
O dirixente destacou ademais a necesidade de seguir aumentando os recursos destinados á formación para potenciar aínda máis a produción de talento propio.
Os exemplos de Noé e Nsongo Bil
Para concluír, Soriano puxo como exemplo os casos de Noé e Nsongo Bil, dous futbolistas que atoparon oportunidades no primeiro equipo grazas á aposta decidida pola canteira.
“Moitas veces o proveito está nesa valentía de dicir: “Bil, aquí; Noé, veña, que pasa?…Aquí tes a oportunidade”. Agora ben, hai veces que tampouco a podes regalar. Son eles os que teñen que dar un paso. E ata agora estamos moi contentos con estas situacións”, concluíu.
Mentres o futuro de Raúl Lema continúa sen resolverse oficialmente, o Deportivo e o deportivismo manteñen a esperanza de conservar unha das maiores xoias saídas de Abegondo nos últimos anos. Con todo, as palabras de Fernando Soriano deixan claro que a entidade é consciente da enorme dificultade que supón competir contra o poder de atracción dos grandes clubs europeos cando aparece un talento diferencial como o extremo muxián.
Fontes da información
Información elaborada a partir das declaracións de Fernando Soriano recollidas no Especial Fin de Tempada de A Balón Parado (3 de xuño de 2026), de Riazor.org/Riazor.tv, e das informacións publicadas por La Voz de Galicia sobre o futuro de Raúl Lema.
.
Daviz Domínguez amplia contrato ata 2028
A renovación de David Domínguez ata 2028 é unha gran noticia para o Fabril. O extremo de Cambré é unha das grandes promesas da canteira branquiazul e a súa continuidade reforza a aposta do Deportivo polo talento formado en Abegondo. Nun curso, o vindeiro, ilusionante en Primeira Federación, o club asegura a permanencia dunha peza con moito futuro, como xa o fixo días atrás co xove Manu Ferreiro e anda na procura de ampliar o contrato de Nsongo Bil, como xa o fixo fai un par de semanas, Noé Castillo.
.
-Foto Raúl : Javier Lema
-Foto “A Balón parado” : Dyango Sánchez
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
