FERMOSO TRABALLO EN VÍDEO DA ASOCIACIÓN “COSTA DA MORTE-GDR” : “A COSTA DAS MULLERES”

 

Chegounos este fermoso vídeo que se xa nos enamora o ver as camisetas do Depor, máis nos enamora o escoitar a estas duas rapaciñas carnotanas, Liana e Lucía, explicando o que para elas é o deporte, tanto a nivel particular, como do seu centro de estudos e o que esperan neste eido no futuro.

Amosan o seu coñecemento do fútbol feminino, e da evolución que está a dar, e queren ser o día de mañán futbolistas e vivir na Costa da Morte. Tamén amosan o seu coñecemento do Deportivo ABANCA e nomean as suas favoritas. Son 8 vídeos que vai a dar a coñecer a Asociación “Costa da Morte-GDR”, en colaboración con “GDR-Galicia” e que se titulan “A Costa das Mulleres”.

Non deixedes de velo e de suscribirvos,así como de darlles no canle de YouTube un “gústame” a este fermoso traballo.

-Foto : Captura de imaxe do vídeo

-A foto e o vídeo o ser menores, se algún pai ou titor quer que as retiremos contactar connosco nas canles de contacto da web.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.