O Laracha facéndolle un pasillo a xogadora do Pastoriza.
Na mañá do pasado sábado 8 de outubro houbo un triple partido amigable entre os equipos de alevíns, benxamíns e prebenxamíns do Laracha CF, cos da mesma categoría da Sociedade Cultural Deportiva Pastoriza.
O último deles, ás 13:00 horas, xogárono o prebenxamín larachés, que adestra Inés González, ante o Prebenxamín B da SCD Pastoriza. Segundo nos contan dende o clube da Laraha. “Como en moitas ocasións sucede nestas categorías, a diferencia física entre os xogadores dos dous equipos era máis que notable e non se puido ver un partido igualado, como a todos nos gustaría”.
“A diferencia no marcador ao descanso era moi abultada e, aínda que tralas indicacións da nosa adestradora, non houbo tanta diferencia nin tantos goles na segunda metade, os xogadores e xogadoras da SCD Pastoriza non eran capaces de marcar ningún tanto”.
“No último minuto e tras consultar antes ao adestrador visitante e ao árbitro, os nosos xogadores fixeron un pasillo para que, na última xogada do partido, a SCD Pastoriza puidera marcar e celebrar un gol”, segundo nos comentan.
“O Laracha Club de Fútbol está en contra dos marcadores con diferencias abultadas nestas categorías, pero tamén somos conscientes de que os nenos non o fan con ningún tipo de maldade. De feito, o noso equipo Prebenxamín perdera ata o de agora todos os seus partidos amigables de maneira esaxerada e marcando só un gol”.
“Neste caso, no partido de Prebenxamíns contra o Pastoriza, os nosos nenos acataron a decisión da súa adestradora poñéndose na pel dos xogadores rivais e, ademais, felicitaron ao Pastoriza polo gol”.
“En ningún caso esta decisión se tomou tratando de faltar ao respeto ao rival e por iso se consultou antes ao seu adestrador. Simplemente, nestas idades e categorías consideramos máis importantes valores como o compañerismo e o respecto que a competición ou o resultado”, rematan decíndonos dende o Laracha CF.
Destacar do equipo larachés, que nas suas redes só informa de como quedaron os seus equipos de base de Fútbol 8, non os resultados. Ou sexa, se gañaron, perderon ou empataron, por que consideran que nesas categorías : “o resultado é o de menos”.
-Foto : Laracha CF
-Texto : piratasdemuxia/Laracha CF