Segundo informa La Voz de Galicia, Fede Cartabia, (Bombai-Santa Fe-Arxentina 20/01/1993), foi a grande sorpresa do adestramento do Depor en Abegondo, o pasado Domingo, antes de disputarse o amigable co Castilla.
O xogador arxentino que chegou as filas do RC Deportivo na tempada 2017/18, xogou dende a 2019/20, e ata a pasada tempada, no Shabad Al-Ahli Dubai FC, por non poder asimilar o seu soldo o equipo branquiazul.
As continuas lesións lastraron a carreira deste xogador dunha calidade exquisita, e parece ser que este volve a ser o motivo do seu retorno a Abegondo. A rumoroloxía balompédica afirmou que Cartabia voltaba o clube de Dubai, no que deixou boa pegada antre a afección, tras un comezo lastrado polas lesións, pero agora segundo se rumorea, cando xa estaba caseque pechada a sua volta a Emiratis Árabes, un recoñecemento médico, non favorable, fixo que tivese que coller de volta as maletas a terras herculinas.
Fede Cartabia, xunto con Rolan, (do que se di que está preto de fichar en México), e Uche Agbo, (para o que parece ser se busca unha cesión, salvo oferta importante), son os lastres en soldos do RC Deportivo. Son os 3, xunto con Celso Borges, aos que lles podería caer o famoso ERTE.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia