FASES DE ASCENSO E PERMANENZA CON EQUIPOS DA COSTA : “SÓ BERGANTIÑOS E MIÚDAS SACARON RESULTADOS POSITIVOS DOS 7 EQUIPOS COSTEIROS QUE XOGARON”.

 

Mala xornada en xeral para os nosos equipos nas fases de ascenso e permanenza, agás no caso do Bergantiños na Fase de Ascenso da 1ª Galega, e do Miúdas na de Permanenza, que terá encontros de volta de Trintaseisavos de Final, nos que a pesares das derrotas, Dumbría e Corme teñen bos resultados para a volta. Xallas e Cee caeron por igual resultado na loita polo ascenso. Por outra banda o Corcubión non xogou o derradeiro encontro da loita polo Título do F7 A Coruña, debido a que as suas rivais non xuntaron efectivos para a disputa do encontro, no que non había nada en xogo.

Na Copa da Costa tal e como xa vos informamos o Cee deixaba fora ao Mazaricos o pasado venres o vencer por 2-0 con goles de María Lijó, (28´) e Lucía Martínez, (43´), e o Ponteceso caía o sábado por 1-0 ante o Nicrariense, cun gol de Xiana aos 15 minutos de xogo. Falta xogarse da previa o Corme-Xallas que se disputará mañán  martes a partires das 21:00 horas co “O Cairo” de Corme.

 

 

Fase de ascenso 1ª División Galega

Final

(Ida)

Bergantiños FC 2-1 CD Lugo

Día : Domingo 28/05/2023

Hora : 17:00

Arbitro : Pablo Rama

Goles : 0-1, (31´en propia porta); 1-1, (73´); 2-1, (83´).

 

2ª División Galega Feminina Fase Ascenso a 1ª División 

Cuartos

(Encontro único)

PM Friol B 3-0 Xallas FC

Día : Domingo 28/05/2023

Hora : 12:30

Arbitro : Alberto Lago

Goles : 1-0, (4´); 2-0, (58´); 3-0, (84´).

 

Lóstrego CF B 3-0 UC Cee

Día : Domingo 28/05/2023

Hora : 12:00

Arbitro : Miguel de Castro

Goles : 1-0, (74´); 2-0, (88´); 3-0, (90´).

 

2ª División Galega Feminina Fase Permanenza a 1ª División 

Trintadousavos

(Ida)

Ponteceso SD 1-6 SD Pontecaldelas

Día : Domingo 28/05/2023

Hora : 12:30

Arbitro : Alberto Lago

Goles : 0-1, (16´); 0-2, (41´); 1-2, (43´); 1-3, (45´); 1-4, (73´); 1-5, (78´): 1-6, (89´).

 

SD Xuventú Aguiño 5-4 CF Dumbría

Día : Domingo 28/05/2023

Hora : 12:00

Arbitro : Mar Thiaw

Goles : Primeira metade 2-3.

 

ED As Miúdas 1-0 Galicia de Caranza

Día : Domingo 28/05/2023

Hora : 12:00

Arbitro : Mar Thiaw

Goles : 1-0, (5´).

 

SCD Milagrosa 2-1 Corme CF

Día : Domingo 28/05/2023

Hora : 12:00

Arbitro : Fernando Fernández

Goles : 1-0, (5´); 2-0, (45´); 2-1, (81´).

 

Loita polo título Liga F7 A Coruña Grupo B

6ª Xornada

(Derradeira)

Unión Campestre B-UD Corcubión

Día : Domingo 28/05/2023

Hora : 12:00

Arbitro : Eneko Corral

Enconttro intrascendente para os dous equipos que non se xogou e a vitoria será por 0-3 para o Corcubión.

 

 

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”