SCD Milagrosa 2-0 Bergantiños FC B
O Bergantiños FC “B” regresou de Lugo cun resultado adverso (2-0) no encontro de ida da fase de ascenso á 1ª Galega Feminina fronte ao SCD Milagrosa. As bergantiñistas ofreceron unha boa imaxe en varias fases do partido e dispuxeron de ocasións para marcar, pero a efectividade das locais e a gran actuación da súa gardameta impediron que as visitantes atopasen premio. Agora, o conxunto dirixido por Raúl Martos confía en remontar a eliminatoria diante da súa afección, consciente de que a diferenza é recuperable e de que o equipo competiu mellor do que reflicte o marcador.
Raúl Martos, adestrador do Bergantiños FC B :
“Primeira parte na que saímos bastante ben, xerando ocasións, pero tras un saque de portaría e unha mala marca gáñannos as costas e márcannos o primeiro gol. Despois dese tanto fomos na procura do empate e tivemos bastantes chegadas de perigo, con varios remates ao pau e con intervencións de mérito da porteira rival, que foi a mellor xogadora delas.
Arredor do minuto 30, nun balón longo e tras un mal despexamento noso, a súa dianteira golpea desde lonxe e marcan o segundo.
Despois diso volcámonos ao ataque e non puidemos acurtar distancias, pero quedamos coa sensación de que na casa e coa nosa afección pódese levantar a eliminatoria.”
Ficha técnica
SCD Milagrosa: Natalia Doval, Claudia Castro, Leire Jauregi, Ángela Pérez, Aldara Paredes, Alma Díaz, Candela Gallego, Noa Meijuto, Candela Otero, María Pérez e Gabriela Mouriz.
Suplentes: Lara Veiga, Ana Piñeiro, Lucía Martínez, Ana Seguin, Paula López, Andrea Trigo e Aurora Vázquez.
Bergantiños FC B : Paola Abeal, Sarai Puga, Carmen Santos, Lucía Canosa, Ivana Fernández, Nadia González, Julia Varela, Zaida Taboas, Ainhoa Rey, Amelia Collazo e Naia Lema.
Suplentes: Sabela Rodríguez, Clara Rodríguez, Lola Vila, Yolanda López, Andrea Lamas e Cayetana Rodríguez.
Goles : 1-0, Candela Otero (11’); 2-0, Leire Jauregi (31’).
Árbitro : Gebtsohge Yawa Bernadette, auxiliada nas bandas por Eudia Álvarez e Sofía González.
Campo : Luis Gorgoso (Lugo).
.
-Foto e comentario propio : Raúl Martos
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”