FALTOULLE O GOL O ED AS MIÚDAS ANTE O BANDEIRA SD, (0-0), NUN ENCONTRO DOMINADO POLAS MURADANAS POR COMPLETO.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3

-19ª Xornada-

Faltoulle o gol as muradanas na “Gandareira”.

Bandeira SD 0-0 ED As Miúdas

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Volveu a acusar a falta de puntería o equipo muradán nun partido dominado prácticamente de principio a fin no que incluso nun achegamento o final puido vir de Bandeira sin sumar. Case que todo o frente ofensivo visitante dispuxo de ocasións no primeiro acto, pero nublábase a claridade nos metros finales nos que incluso se fallaba no xeito de atacar o balón, nin sequera nas xogadas de estratexia se sacaría algo positivo pola falta de intensidade con respecto o esférico. As locales ben agrupadas lograban deixar a cero a súa portería e centrando tamén unha marcaxe individual sobre Ainoa sabedoras do perigo da de Outes. Na volta de vestiarios prácticamente mesma película, cos cambios feitos, incluso sumando máis xente en ataque deixando so 3 defensoras, pouco máis, un balón o pau, e un gol anulado por posición adiantada de Leti na única ocasión que foi entre os 3 paus. Nos últimos intres as locales lanzaron unha contra aproveitándose que as rivales estaban á desesperada, pero o seu remate tamén saíu escorado, co que se poría fin a un encontro desesperante para as Miúdas que non mostraron nin un pouco dese equipo que viña en boa xeita de ganas, xogo e resultados, empate moi celebrado e pelexado polas locales”.

 

 

Bandeira SD : Denise, Lía, Andrea, Mónica, Uxía, María, Zaira, Carballude, Noelia, Alba e Laura. Tamén xogaron : Patricia. Laura Presas, Mara, Lucía e Noor.

ED As Miúdas : Siaba, Paula, Sofía, Mariña, Antía, Martina, Marta, Leti, Ainoa, Pati e Eva. Tamén xogaron : Laura, Gala, Iria, Ana e Saray.

Goles : 0-0

Árbitro : Alberto José Cousillas

 

-Fotos : Banquillo ED As Miúdas

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.