FALOU ÁLEX BERGANTIÑOS : POR FIN UNHA ROLDA DE PRENSA PRODUCTIVA E INTERESANTE.

 

Por fin unha rolda de prensa productiva, sen tópicos nen farándulas. A pouca creatividade da maioría dos “xornalistas” que cubren as noticias do RC Deportivo, desencadea unha serie de roldas de prensa todas iguais, vista e escoitada unha, escoitadas todas, fale quen fale, pero hoxe chegou o “GRAN CAPITÁN”, Álex Bergantiños, para ofrecernos él mesmo unha rolda de prensa, que se pode escoitar e sacar conclusións do que dixo diretamente, e do dixo antre liñas.

Falou dos intre que nos toca a vivir e de onde veñen estas consecuencias : “Creo que tanto o club como todos non medimos ben o contexto. O golpe chegou no peor momento posible. Fixémonos moito dano internamente e iso seguramente tamén se reflectiu no exterior. Cometéronse erros en todas as partes do club; os xogadores, os primeiros. Toca aprender e asumir as consecuencias, que se están dando en todas as parcelas do club e da cidade. Hai que revisar moitas cousas que non se fixeron ben e construír”.

«Vivimos plantillas de corenta xogadores, anos de Champions nos que seguramente tamén se estaba por encima das nosas posibilidades. Non son quen ten que manexar os números nin saber canto se pode endebedar un club. Podo ter opinións, pero escápaseme a proporción de responsabilidade”.

Para Álex a plantilla deste ano : “é dun perfil diferente, quizá non tan rechamante como a dos últimos anos, pero é que a realidade tamén é totalmente diferente. Estamos no terceiro nivel do fútbol español. Creo que viñeron xogadores con potencial para crecer e experiencia nesta categoría. O formato de persoal é interesante”.

“É o eterno tópico acerca de cando están preparados e cando non. Creo que teñen un gran nivel e están a demostrar que poden achegar desde xa. Logo, cada un seguirá o seu ritmo. O que está claro é que teñen nivel dabondo para estar connosco, xa son un máis nos adestramentos. Logo dependerá deles que a súa progresión sexa máis ou menos rápida. O que está claro é que hai unha fornada moi prometedora”, dixo sobre os canteiráns.

Cando toque e non perxudique ao equipo falará, (ou máis ben escribirá), sobre o vivido nos derradeiros anos como deportivista : “Algún día escribirei un libro de todo o que vivín aquí, e como se fixeron certas cousas, pero agora non é o momento”.

“Como home de club, non son momentos agradables. Tocoume vivir de todo aquí, pero son cousas que temos que ir levando. A nivel persoal intento ser o máis xusto posible para que cando salga poida ter a conciencia tranquila respecto a o que fixen e a tentar axudar a todo o mundo”, dixo sobre o ERE.

-Texto : piratasdemuxia

-Vídeo e Foto : rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies