FALEMOS DE FUTSAL” : ESTE VENRES NAS CHARLAS-COLOQUIO DO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES E A RFGF CON HÉCTOR SOUTO, (O PARRULO) E JUANMA MARRUBE, (BURELA FS).

Enlace canle RFGF

 

Paco Jémez, Miroslav Djukic, Eusebio Sacristán, Sergio González, Pitu Abelardo, José Luis Mendilibar, Óscar García, Fernando Vázquez, Curro Torres, Bruno García, Miguel Rodrigo, Jesús Velasco, Jorge Braz, Rubén Albés, Rafa Sáez, Luis Carro, Toña Is, Manu Sánchez, María Pry, Diego Martínez e Unai Emery, Luis de la Fuente e Asier Garitano. Os seguintes? Héctor Souto, preparador de O Parrulo Ferrol, e Juanma Marrube, técnico do Burela Pescados Rubén.

O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da Real Federación Galega de Fútbol volven apostar para este venres día 8 de maio polo Fútbol Sala de primeiro nivel e os seguintes en desfilar polas Xornadas Online serán dous profesionais de primeira fila como son o preparador de O Parrulo Ferrol e o do Burela Pescados Rubén, os nosos dous representantes na máxima categoría do fútbol sala nacional. A cita será este venres día 8 de maio a partir das 19.30 horas na nosa canle de Youtube e a través de Facebook Live.

Un campión da Recopa

Juanma Marrube (Alfoz, 1979) colgou as zapatillas hai xa media década despois de 14 anos dándolles uso pola canchas de toda España e mesmo no estranxeiro. A Recopa de Europa conquistada co Azkar Lugo no 2006 é o fito máis resplandeciente na súa longa traxectoria como profesional a bordo do Cefire Burela, o Avilés Hollywood, o Melilla, o Cartaxena, o Ourense, o Azkar Lugo e o Burela.

Na entidade burelista puxo o punto final á súa carreira como xogador e empezou a escribir a súa historia como membro da parcela técnica. Coa máquina laranxa ascendeu de novo á Primeira División despois de ser elixido como mellor adestrador na Segunda.

Facendo historia en Vietnam

Héctor Souto vén de asinar a súa primeira campaña na mellor liga do mundo como adestrador principal. O preparador de O Parrulo Ferrol voltou a Galicia despois de exercer como seleccionador de Vietnam Sub 20, ademais de adestrar ao Cao Bang na máxima categoría do país asiático, sendo recoñecido fai escasas datas co premio especial pola súa contribución ao fútbol sala pola organización de fútbol sala afeccionado de Ho Chi Minh.

Ademais disto, o adestrador de Chantada, formado nas categorías inferiores da EDM Chantada, posteriormente deu o salto ao Prone Lugo, onde coincidiu co adestrador ferrolán e ex adestrador de O Parrulo Ferrol, Bruno García, sendo o seu preparador físico e adestrador axudante de 2009 a 2011. Esta unión entre Bruno García e Héctor Souto levouno posteriormente ao desaparecido Oxipharma Granada, onde lograron o ascenso á Primeira División da LNFS na tempada 2011-2012.

Tras isto, puxo rumbo á selección de Vietnam, nun primeiro momento adestrada polo italiano Sergio Gargelli, onde realizaba estas mesmas funcións no combinado absoluto e posteriormente volvería unir o seu destino con Bruno García no combinado vietnamita, disputando a Copa de Asia e o Mundial de Colombia en 2016, onde chegaron aos oitavos de final nun feito histórico para o país asiático ao conseguir nese momento o maior éxito colectivo deportivo na historia de Vietnam.

En directo en Youtube

A xornada online “Falemos de Fútbol Sala desde casa con Héctor Souto e Juanma Marrube” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol. (Canle da RFGF).

 

-Texto e Foto : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.