FALEMOS DE FÚTBOL FEMININO” : ESTE MARTES NAS CHARLAS-COLOQUIO DO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES E A RFGF CON TOÑA IS, MARÍA PRY E MANU SÁNCHEZ..

 

Podes seguilos neste ENLACE, no que tamén podes ver tódalas sesións que se levan feito en diferido.

O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da Real Federación Galega de Fútbol apostan para este martes día 28 polo fútbol feminino e os/as seguintes en desfilar polas Xornadas Online serán tres profesionais de primeiro nivel: Toña Is, María Pry e Manu Sánchez. A cita será mañá martes día 28 a partir das 19.30 horas na nosa canle de Youtube e a través de Facebook Live.

Unha pioneira

María Antonia Is Piñera (Oviedo, 1966), coñecida como Toña Is, é toda unha pioneira no fútbol feminino. Como futbolista colgouse a medalla de bronce na Eurocopa de 1997, máxima distinción conseguida pola Selección Feminina.

Tras a súa retirada, pasouse aos bancos, onde en 2015 converteuse na primeira seleccionadora en España e en 2018 gañou o Mundial Sub-17, único que hai nas vitrinas do fútbol feminino español. Tamén sumou un bronce mundial en 2016 e un ouro (2018) e dúas pratas (2017 e 2016) en Europeos de categorías inferiores. Uns éxitos que lle valeron para ser nomeada ao ‘The Best’ como adestradora en 2019. Desde hai uns meses xa non forma parte da estrutura da RFEF.

Única muller á fronte dun equipo

María del Mar Fernández Montero (Sevilla, 1984), coñecida futbolísticamente como María Pry, é a única muller que lidera o corpo técnico dun club da Liga Iberdrola tras a destitución de Irene Ferreras no Valencia.

Despois de ascender co Betis e consolidalo na máxima categoría, o pasado verán o Levante, un dos históricos do fútbol feminino, confioulle o seu proxecto para desafiar o liderado do FC Barcelona e o Atlético de Madrid.

Un home que xa fixo historia

Manu Sánchez declárase deportivista ata a medula “desde que ten uso de razón”. Debutou como porteiro aos 6 anos e levaba máis de 10 adestrando ao equipo feminino Orzán, xerme do Dépor Abanca. En só tres anos guiou ao Deportivo Abanca, a sección feminina do Dépor, directo á Primeira División.

Manu é o líder da gran revelación do fútbol feminino español.

En directo en Youtube

A xornada online “Falemos de Fútbol Feminino desde casa con Toña Is, María Pry e Manu Sánchez” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol (Canle da RFGF).

 

-Texto e Foto : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.