FALEMOS DE FÚTBOL” : ESTE VENRES NAS CHARLAS-COLOQUIO DO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES E A RFGF CON UNAI ÉMERY E DIEGO MARTÍNEZ.

 

Mañán martes será o turno para o “Fútbol Feminino” como xa fos adiantamos, con María Pry, Manu Sánchez e Toña Is, (PREME AQUÍ).

Paco Jémez, Miroslav Djukic, Eusebio Sacristán, Sergio González, Pitu Abelardo, José Luis Mendilibar, Óscar García, Fernando Vázquez, Curro Torres, Rubén Albés, Rafa Sáez, Luis Carro, Toña Is, Manu Sánchez, María Pry e este venres chega a quenda para Diego Martínez, adestrador galego do Granada, e Unai Emery, ex técnico do Sevilla FC, Valencia CF, PSG e Arsenal FC, entre outros.

O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da Real Federación Galega de Fútbol volven apostar para este venres día 1 de maio polo fútbol de primeiro nivel e os seguintes en desfilar polas Xornadas Online serán dous profesionais de primeira fila como son o galego Diego Martínez e Unai Emery. A cita será este venres día 1 de maio a partir das 19.30 horas na nosa canle de Youtube e a través de Facebook Live.

Un dos nomes propios do campionato

Xuventude e experiencia teñen un nome propio nos bancos de Primeira División: Diego Martínez. O técnico galego é o culpable da sensacional campaña que está a firmar o Granada CF.

Os inicios do preparador galego non foron sinxelos. Aínda que na súa mocidade formou parte da canteira celtiña, pronto comprendeu que o seu destino non estaba no verde, senón detrás da liña de cal. Comezou a estudar para ser adestrador e despois de dar os seus primeiros pasos en clubs modestos como o Motril, algo bo tivo que ver nel un visionario como Monchi, que ingresou a este descoñecido adestrador na canteira do Sevilla, onde tomou as rendas do equipo xuvenil. Na factoría hispalense comezou a despuntar e a chamar a atención dos adestradores do primeiro equipo, onde colaborou con técnicos de renome como Emery ou Marcelino, ata facerse coas rendas do equipo B, ao que salvou do descenso en Segunda B para logo conducilo ata o fútbol de prata.

Tras o seu paso por Sevilla, comezou a voar só, primeiro en Osasuna, e máis tarde no Granada, onde si conseguiu deixar o seu selo e logrou o segundo ascenso da súa carreira, o primeiro á elite do fútbol nacional.

Co cadro nazarí Martínez formou un conxunto rochoso, ben ordenado e ao que é difícil meterlle man. Do mesmo xeito, e a partir de ser sólidos e eficientes atrás, fixo un equipo que sabe aproveitar as ocasións que xera. Estes méritos fixeron que o adestrador galego sexa un dos nomes propios deste campionato, gañándose os eloxios de analistas e colegas de profesión.

Da Segunda B ao ceo

A carreira de Unai Emery nos bancos despegou moi pronto, co Lorca en 2004. Ao conxunto murciano ascendeuno a Segunda División e estivo moi preto de metelo tamén en Primeira o curso seguinte.

Si o conseguiu co Almería en 2007. O equipo andaluz concluíu o ano do seu debut na máxima categoría do noso fútbol en oitava posición, o segundo mellor debutante en toda a historia da liga (52 puntos).

O seu excelente traballo valeulle para fichar polo Valencia, unha aventura xa importante onde rendeu a bo nivel, clasificando ao equipo para a Champions durante tres tempadas seguidas.

Logo chegou a paréntese de Moscova antes da súa volta á península para encumbrar ao Sevilla entre os mellores do continente con tres Europa League consecutivas. Unha barbaridade. O vasco tamén quedou moi preto de levantar dous Supercopas de Europa e unha Copa antes de poñer rumbo a París, onde obtivo grandes resultados domésticos.

A súa última experiencia foi nun dos históricos do fútbol mundial, o Arsenal. En Inglaterra na súa primeira tempada, deixou ao club quinto. Chegou á final de Europa League pero perdeuna contra o Chelsea.

En directo en Youtube

A xornada online “Falemos de Fútbol desde casa con Diego Martínez e Unai Emery” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol (Canle da RFGF).

-Texto e Foto : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.