O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da Real Federación Galega de Fútbol volven apostar para este martes día 12 de maio polo fútbol, desta volta o feminino con duas das grandes deste deporte en Galicia, Tere Abelleira e Vero Boquete e con dous xogadores galegos da 1ª División, o meta do Español de Barcelona, Diego López e o xogador do Betis, Borja Iglesias.
En directo en Youtube
A xornada online “Falemos de Fútbol” desde casa coma sempre comezará ás 19:30 horas horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol (Canle da RFGF).
-Texto : piratasdemuxia.es
-Foto : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.